Evento: Coliño

Coliño
Sábado, 4 mayo, 2024 - 17:00
Rúa Nova, 22,
Santiago de Compostela

Coliño

A XANELA DO MAXÍN

Unha obra musical e sensorial dirixida á primeira infancia e as súas familias, na que as crianzas poden estimular os sentidos e as emocións. Coliño é o lugar natural onde imos dende que nacemos e que buscamos cando necesitamos seguridade, defensa, protección, consolo, ánimo e calor. Coliño está concibido dende o apego, as emocións e o vínculo afectivo entre as e os bebés e a súa contorna. Coliño mestura todas as enerxías positivas para a mellora do bebé, da crianza e da persoa. Coliño somos moitas e moitos. A través de sons, luces, cores e unha coidada posta en escena foméntase o apego coas familias nun espazo de protección e calma xunto con estímulos que fan que descubran o mundo que as rodea.

  • Asesoría musical: Paulo Lameiro
  • Escenografía e construción monicreques: Daniel Rodríguez, Julia Abal e A Xanela do Maxín
  • Deseño de iluminación: Octavio Más Música e efectos: Lois Prado, Julia Abal e Xosé Breijo "Topo"
  • Elenco: Celtia Figueiras, Xosé Breijo “Topo Vidal”, Lois Prado e Julia Abal Autoría: Xosé Breijo "Topo"
  • Vestiario: Celtia Figueiras
  • Dirección: Celtia Figueiras e Xosé Breijo
  • Música orixinal: Lois Prado
  • Gravación e montaxe vídeo: Diogo Diéguez e Isabela Costa
  • Produción e distribución: A Xanela do Maxín
  • Composición: Lois Prado

 
 

Más eventos de tipo Espectáculo

Magic Mateo Show
20 de junio
Auditorio Municipal
Xira 2024
21 de junio
CEIP San Miguel de Paradela
Gran espectáculo da maxia celta
23 de junio
Peirao de Arcade
Rock and magic
28 de junio
Praza da Constitución