Evento: Obradoiro de creación de libros pai-pai

Obradoiro de creación de libros pai-pai
venres, 19 abril, 2024 - 18:00
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola,
Pontevedra

Obradoiro de creación de libros pai-pai

Que mellor forma de festexar o Día Internacional do Libro que cun obradoiro de creación e deseño de libros. Os libros están sempre cheos de sorpresas e grandes aventuras, ao igual que o estarán as creacións da rapazada.

Durante o obradoiro a rapazada deseñará o seu propio libro “pai-pai”, que consiste nun libro con forma de abano, en concreto con forma de “pai-pai” (o “pai-pai” é un abanico xaponés que procede de China. Tratábase dun abanico de pantalla que chamaron “uchiwa.” Aos poucos converteuse en parte importante do traxe tradicional e utilizábano todas as clases sociais) Ademais dentro do seu abano poden escribir unha poesía, un breve texto ou un conxunto de viñetas. O máis importante é que deixen voar a súa imaxinación.

Data e hora: venres 19 de abril, de 18 a 19.30 horas

Público destinatario: infantil, de 7 a 12 anos

Inscrición previa na web da biblioteca a partir do 10 de abril ás 9:00 horas

Máis eventos de tipo Obradoiro

PINTURA SOBRE SEDA
3 de maio
Museo de Belas Artes
PINTURA SOBRE SEDA
10 de maio
Museo de Belas Artes
A verbateca
16 de maio
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
A posta en escea da comunicación
22 de maio
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés