Evento: Día da Ilustración - As mil caras da ilustración

  • AGPI
Día da Ilustración - As mil caras da ilustración
venres, 30 xaneiro, 2015 - 19:00
Biblioteca Pública Miguel González Garcés,
A Coruña

Día da Ilustración - As mil caras da ilustración

Faladoiro sobre novos campos e soportes para o traballo ilustrado

O libro ilustrado infantil é só unha mínima parte do traballo dos ilustradores: cartelismo, formatos dixitais, audiovisual e libro ilustrado para público adulto son algunhas das moitas posibilidades que gañan máis e máis importancia nos nosos días.

Charla con proxección de exemplos, a cargo dos ilustradores Marina Seoane, Alberto Guitián e Miguel Ruiz Sekone. Irá precedida da presentación ao público do libro Caderno AGPI 2015.

Este faladoiro enmárcase dentro dos actos conmemorativos do Día da ilustración, que se celebra o 30 de xaneiro, coincidindo co aniversario do nacemento do intelectual e tamén talentoso debuxante Daniel Rodríguez Castelao.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

O MODERNISMO
23 de abril a 4 de xuño
Museo de Belas Artes
Programación de actividades no Museo Liste de Vigo
1 de abril a 30 de xuño
Museo Liste Vigo
'Made in Galiza' de Séchu Sende
10 de maio
Auditorio Casa da Cultura
'Made in Galiza' de Séchu Sende
19 de maio
Auditorio Centro Social do Mar