Evento: De aquí para alá

De aquí para alá
sábado, 28 febreiro, 2015 - 18:30
Cine Alovi,
As Pontes de García Rodríguez
Espectáculo musical infantil

De aquí para alá! é un espectáculo para público infantil e xuvenil interpretado por actores e músicos profesionais, dirixidos por Lydia Botana.

 

Sinopse: É a historia dunha bolboreta que nace grazas ao son dos instrumentos musicais. Os participantes viaxan ao redor do mundo aprendendo, escoitando e cantando as músicas de cada lugar, facendo partícipe ao público na procura de novos sons. Tócase o piano, a marimba, a batería, o acordeón, os bongoes, as campás... E tamén instrumentos típicos de cada lugar coma a kalimba, o didgeridoo, as cunchas... xunto con un variado set de pequena percusión como pandeiretas, pao de choiva, e un sinfín de cacharradas que espertarán a curiosidade do público. Visitarase O Brasil, Cuba, Xamaica, os Balcáns, Os Estados Unidos,... rematando en Galicia. Pequenos e maiores poden ir de aquí para alá cantando os retrousos máis fermosos.

 

Esta programación pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horarios nos espazos onde se representa: Cine Alovi

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Os tres porquiños
19 de maio, 17:30
Centro Cultural Avenida - A Rúa - Ourense
Só.
19 de maio, 18:00
Café-teatro Pazo da Cultura - Narón - A Coruña
Nanai da china
19 de maio, 18:30
Auditorio Municipal Gustavo Freire - Lugo - Lugo
Voa, voa!
24 de maio, 18:30
Casa da Cultura Pintor Lloréns - Sada - A Coruña