Evento: Banda deseñada autobiográfica feita por mulleres

Banda deseñada autobiográfica feita por mulleres
luns, 4 marzo, 2024 a martes, 30 abril, 2024
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Banda deseñada autobiográfica feita por mulleres

Mostra bibliográfica

O 8 de marzo celebramos o Día da Muller e o 17 de marzo o Día Do Cómic. Unimos ambas conmemoracións con esta mostra que é unha selección de cómics da nosa colección realizados por mulleres que falan das súas propias experiencias.

A autobiografía en banda deseñada é un xénero que goza de moi boa saúde. Podemos definila como a búsqueda da identidade na que as autoras exploran recordos e momentos de intimidade ao tempo que analizan o contexto político e social no que viven. Tamén como unha forma de liberación, como terapia, reflexión e fonte de autocoñecemento.

Trátase dun xénero que limita entre ficción e realidade e que ten moita relación co xornalismo. En moitas ocasións trátase soamente dun pretexto para falar do mundo que nos rodea.. O crecente éxito do xénero impactou o mundo editorial. A banda deseñada autobiográfica feita por mulleres consta de elementos que podemos considerar dentro das teorías feministas, o corpo, a loita contra formas de dominación do sistema patriarcal, as relacións cos homes, a experiencia da violencia machista e a exposición da intimidade. Pode visitarse do 4 de marzo ao 13 de abril no andar baixo (zona hemeroteca)

Esta mostra está inspirada en:

Máis eventos de tipo Exposición

O Vello Cárcere da Guerra á Posguerra
1 de xaneiro
O Vello Cárcere
Porta Miña
1 de xaneiro
Porta Miña
Botamos un baile? Un século de orquestras de verbena en Galicia
8 de novembro a 31 de maio
Lugar de la Ciudad de la Cultura