Evento: Nó

domingo, 28 abril, 2024 - 20:00
Casa da Cultura Pintor Lloréns,
Sada
Espectáculo de danza urbana a cargo de Elahood

Teño algo importante que dicir pero aínda non sei o que é. 

Esta frase sitúase como punto de partida da nova creación da compañía Elahood. Unha proposta de danzas urbanas baixo unha mirada de creación contemporánea.

NÓ convida ao público nunha viaxe onírica, estirando e deformando o significado do que é importante. Baixo un filtro de ironía e fantasía, a compañía deixa ver pegadas do debate actual que atende a decontrucción de xénero e a conciencia de clase.

O espectáculo conta coa estética máis característica da compañía, unha danza precisa, limpa e extremadamente coordinada. Elahood continúa a súa aposta particular por unha linguaxe visual e coidada, que neste espectáculo abraza a presenza do texto e a voz.

Onde reside a importancia do importante?

Debemos subirnos a un escenario sempre coa resposabilidade de defender un discurso?

NÓ é un collage que parte da intuición más naif de dúas mulleres galegas que se rinden a ter que ser importantes. Unha proposta escénica contemporánea que invita á reflexión colectiva das preocupacións actuais.

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Barquiño de pau
11 de maio, 12:30
Teatro Principal - A Estrada - Pontevedra
Kyoki
11 de maio, 18:00
Salón Teatro - Lalín - Pontevedra
Lulavai - Concerto semiacústico
11 de maio, 20:00
Casa da Cultura - Burela - Lugo
4x 4
11 de maio, 20:00
Pazo da Cultura - Narón - A Coruña