Axudas, subvencións e bolsas : Convocatoria de Bolsas Xunta de Galicia / Fulbright para estudos artísticos en EE.UU. Curso 2023-2024

Convocatoria de Bolsas Xunta de Galicia / Fulbright para estudos artísticos en EE.UU. Curso 2023-2024

3ª Convocatoria de Bolsas Xunta de Galicia / Fulbright para a ampliación de estudos artísticos en EE.UU. Curso 2023-2024

­A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e a Comisión de Intercambio Cultural, Educativo e Científico entre España e os Estados Unidos de América convocan 5 bolsas para a ampliación de estudos artísticos en Estados Unidos en calquera especialidade ou área de actividade artísticas, incluídas pero non limitadas a: artes audiovisuais; artes escénicas; artes plásticas e visuais; música e musicoloxía; museoloxía e conservación do patrimonio; e xestión cultural.

Presentación de solicitudes: Desde o 7 de novembro de 2022 ata o 12 de xaneiro de 2023 na páxina web da Comisión Fulbright.

Requisitos: Nacionalidade española; estar vinculado a Galicia por nacemento, residencia, formación en estudos superiores ou artísticos, ou traxectoria profesional; dispoñer dunha carta de acceso, invitación ou admisión nun centro estadounidense; coñecemento de inglés adecuado para desenvolver o proxecto.

Sesión Informativa online:
Xoves 15 de decembro ás 17 h.

Máis información:
www.fulbright.es
Asesoría Académica
E-mail: registro@fulbright.es
Telf: 917027000

Estado de tramite: En trámite

Comparte