Axudas, subvencións e bolsas : PUBLICACIÓN NO DOG. DAS BASES REGULADORAS PARA Á CONCESIÓN DE AXUDAS AO LIBRO GALEGO, DIRIXIDAS Á TRADUCCIÓN PARA OUTRAS LINGUAS O DOUTRAS LINGUAS

PUBLICACIÓN NO DOG. DAS BASES REGULADORAS PARA Á CONCESIÓN DE AXUDAS AO LIBRO GALEGO, DIRIXIDAS Á TRADUCCIÓN PARA OUTRAS LINGUAS O DOUTRAS LINGUAS

DOG Núm. 118 / Xoves, 22 de xuño de 2023, no que se publica a Orde do 14 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das axudas ao libro galego, dirixidas á tradución para outras linguas de obras publicadas orixinariamente en galego e á tradución para o galego de obras publicadas orixinariamente noutras linguas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Para estes efectos, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o derradeiro día do mes.

Estado de tramite: En trámite

Comparte