

- FOLLETO ANO DO LIBRO E DA LECTURA
- SEMNA AURIA
- LEI DE BIBLIOTECAS
- LIBER BARCELONA
- CONGRESO IBBY
- LITVI 2010
- CAMIÑOS DE AMOR E LÚA
- PRESENTACIÓN DÍA DAS LETRAS GALEGAS
- FEIRA INTERNACIONAL DO LIBRO DE BOS AIRES
- HOMENAXE A ROSALÍA NO DÍA DO LIBRO
- PROGRAMA ACTUACIÓNS ANO DO LIBRO E DA LECTURA
- INICIATIVA 'LIBROS SOBRE RODAS'
- SEMANA AURIA (WEB)
2010 ANO DO LIBRO E DA LECTURA
Programas de promoción do libro, fomento da lectura e a escrita, e mellora da xestión pública das bibliotecas.
Consciente do valor estratéxico do libro como instrumento para a expresión do dereito á creación, a promoción e a divulgación da cultura, da historia e da lingua de Galicia, a Xunta acordou declarar o ano 2010 como Ano do Libro e da Lectura e invita a todos os galegos a participar nos distintos actos que se están a realizar nesta celebración.
O libro está nunha encrucillada. Novos soportes de lectura, cambios nos hábitos culturais, mercados globais ou a progresiva dimensión da cultura como ben de consumo debuxan un escenario de retos, pero tamén de oportunidades.A Consellería de Cultura e Turismo, a través da Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura, é consciente do valor estratéxico do libro para a expresión do dereito á creación e para a promoción e divulgación da cultura. Por iso lle ofrece o seu apoio decidido é irrenunciable, dado que o libro constitúe un instrumento fundamental para a difusión da nosa cultura e a nosa lingua, do seu desenvolvemento e da súa presenza exterior.
Este ano 2010, preténdese realizar unha acción de maior proxección que ofreza unha forte presenza do libro e un estímulo á lectura máis palpable, compasado e en consonancia coa celebración do Ano Xacobeo, que atrae millóns de visitantes á nosa comunidade.
Por isto, o goberno galego declarou mediante o Decreto 369/2009, do 23 de xullo, o ano 2010 como Ano do Libro e a Lectura de Galicia, como un primeiro paso e experiencia ante a previsión de futuras declaracións nos anos vindeiros, para o obxecto de promocionar outras áreas, como as artes escénicas ou á Música.
O desenvolvemento das actividades previstas, repartidas en diferentes epígrafes, teñen como obxecto cubrir as distintas canles e fórmulas nas que o libro chega ao público, e ampliar así a súa visibilidade, tanto na propia comunidade autónoma coma nos distintos ámbitos de cultura nos que nos inserimos.
Dende a Consellería de Cultura e Turismo seguirase atendendo
•a promoción das bibliotecas públicas,
•a lectura nos centros de ensino,
•as actividades de animación,
•a aparición de novidades editoriais,
•a difusión dos produtos editoriais galegos ao exterior
•a aparición na lingua propia de Galicia de obras de interese do panorama mundial.
Así mesmo, programaranse actividades e intervencións especiais centradas no obxecto da celebración, tales como edicións especiais, ciclos de recitais baseados na mellor lírica galega, intervencións nos espazos urbanos, convenios con entidades vencelladas á creación literaria galega, programas especiais de animación á lectura, apoiados nas novas tecnoloxías, ou campañas ao longo de todo o ano para promover o libro galego nos medios de comunicación públicos e privados.
Con todas as actuacións que a continuación se enumeran, entre outras que se irán incorporando ao longo do ano, procúrase a meirande presenza nos distintos públicos, nos distintos tramos de idade e con atención ás circunstancias especiais que se poidan dar nos distintos colectivos; así mesmo apóiase o excelente nivel de profesionalización que se vai acadando na industria editorial galega, desde a creación da obra até a súa comercialización.
Este programa de actividades inclúe actuacións nos seguintes eidos: (Prema enriba de cada ligazón para descargar o contido)
1-ANIMACIÓN CULTURAL
2-PROMOCIÓN E DIFUSIÓN DO LIBRO
3-CONGRESOS E CONMEMORACIONS
4-FOMENTO DA LECTURA E DA ESCRITA
5-XESTIÓN DO LIBRO E BIBLIOTECAS
O orzamento destinado a este programa de actividades con motivo da celebración do Ano do Libro 2010 ascende a 2.850.000 euros.
Ano do libro e da lectura 2010
Un libro, un amigo
O conto conta
Sempre novas cada día
Ano do libro e da lectura












