Patrimonio

Galicia conta cun rico patrimonio cultural constituído por bens materiais e inmateriais que, polo seu recoñecido valor propio, deben ser estudados e considerados para a permanencia e a identidade da cultura galega a través do tempo.

A Dirección Xeral do Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura, Educación e Universidade é o departamento ao que lle corresponde a coordinación das actuacións en materia de patrimonio histórico, arqueolóxico, paleonto­lóxico, artístico, arquitectónico e etnolóxico en todas as súas manifestacións, así como en materia de museos.

A través dos seus departamentos, encárgase da protección, conservación e recuperación dos Camiños de Santiago, da promoción e xestión de actuacións arqueolóxicas, da conservación e difusión das coleccións museográficas e das obras de conservación e restauración do patrimonio histórico promovidas pola Xunta de Galicia.

Ademais, a Dirección Xeral é responsable dos procedementos vinculados co réxime xurídico de protección do patrimonio cultural, da xestión para as declaracións de bens de interese cultural, do catálogo e inventario do patrimonio e dos informes sobre o mesmo que poidan ser requiridos polas autoridades competentes.

Novas relacionadas

10/04/2024

Salienta a necesidade de harmonizar a protección dos bens culturais co desenvolvemento orgánico das contornas urbanas

08/04/2024

O representante da Xunta de Galicia agradece a confianza e a implicación dos axentes locais e animou a continuar avanzando “de xeito conxunto e coordinado”

05/04/2024

O órgano valora positivamente a proposta da Xunta á que se referiu como “un exemplo de resistencia e calidade que serve de inspiración para todo o Estado”

04/04/2024

Salientaa que esta zona, declarada BIC no 2018, “é un dos maiores tesouros patrimoniais de España” que destaca pola súa “riqueza paisaxística, cultural e enogastronómica”

26/03/2024

“Con esta actuación queremos, polo tanto, restaurar unha parte importante da memoria lalinense”, di o representante da Xunta

25/03/2024

A actuación, dotada con máis de 370.000 €, está dirixida a resolver os problemas de deterioro da tarima, así como a mellorar a instalación eléctrica e de iluminación

20/03/2024

O Goberno galego elevará o investimento ata os 330.000€ para levar a cabo esta actuación despois de resolver as patoloxías e danos que afectaban ao edificio

20/03/2024

A Confraría da Venerable Orde Terceira Franciscana, unha das máis antigas de Viveiro, sacará a imaxe en procesión o Martes Santo

17/03/2024

A directora xeral de Patrimonio Cultural, Mª del Carmen Martínez, visita o resultado dos traballos executados polo Goberno galego ao abeiro dun convenio coa Diocese de Tui-Vigo

09/03/2024

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades en funcións explica que o obxectivo é resolver as afeccións deste ben patrimonial catalogado

02/03/2024

O responsable de Cultura explicou que o desenvolvemento da obra non impedirá a saída dos pasos de Semana Santa de Lugo, festa de Interese Turístico de Galicia

28/02/2024

A Consellería de Cultura prepara a incoación do expediente para declarar as pinturas como Ben de Interese Cultural logo de recibir os informes realizados polo Concello para levalo a cabo

22/02/2024

A medida pretende frear o deterioro deste “símbolo de Galicia” á espera dun plan integral de rehabilitación liderado polo Consorcio de Santiago

22/02/2024

O obxectivo é restauralos e poñelos a disposición da cidadanía, para o que o Goberno galego avaliará a posibilidade de trasladalos ao Museo de Belas Artes da Coruña

16/02/2024

O director de Industrias Culturais reúnese cunha representación das películas As neves e Tratamos demasiado bien a las mujeres e do documental Aurora, que se estrean dentro das seccións a competición do certame

16/02/2024

A Consellería encargarase de seleccionar o equipo de arquitectura e museografía, a través de concurso público

Román Rodríguez reafirma o seu compromiso coa conservación, protección e posta en valor do patrimonio cultural galego

14/02/2024

A axenda está dirixida a conmemorar o 150 aniversario do nacemento de Antonio Palacios, así como o centenario da Casa Consistorial do Porriño, obra do arquitecto

09/02/2024

O director xeral de Cultura informa que a adquisición supón a incorporación de case 20.000 m2 á superficie para reforzar os usos sociais e culturais deste espazo

26/01/2024

O director xeral de Cultural participa na presentación promovida por Turismo de Galicia xunto a representantes de varios entroidos de interese turístico

26/01/2024

Asegura que se busca abrir este edificio histórico ao conxunto da cidadanía para que todo o mundo poida “coñecer e desfrutar” dun espazo “tan valioso e simbólico”

26/01/2024

O representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades anima a coñecer este territorio cunha gran riqueza cultural e paisaxística

25/01/2024

Queda desde hoxe protexido en base ao seu interese etnolóxico, á súa función social e á súa riqueza cultural e patrimonial nas súas diferentes expresións

20/01/2024

O conselleiro de Cultura informa nunha reunión con representantes de varios entroidos de que o DOG publicará a vindeira semana a incoación do expediente

17/01/2024

A Consellería de Cultura publica o inicio do proceso de contratación desta obra que contará cun prazo de execución de cinco meses

12/01/2024

O proxecto impulsado pola Xunta xunto co Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia inclúe a creación dun modelo xeométrico en tres dimensións

22/12/2023

O conselleiro de Cultura e Educación avanza esta intervención durante a visita ao Colexio Pío Cabanillas, onde vén de rematar a substitución das fiestras

21/12/2023

A primeira intervención posibilita a constatación íntegra en planta da capela e a existencia de máis dependencias asociadas á mesma

09/12/2023

A Xunta investirá nesta actuación máis de 600.000€ para recuperar a estrutura de madeira da cuberta e solucionar os problemas de humidade

 

03/12/2023

O conselleiro de Cultura vén de enviar unha carta a Ernest Urtasun na que expón a importancia da candidatura á Unesco para as provincias de Lugo e Ourense



 

16/11/2023

Ata 20 centros poden solicitar ata o 30 de novembro incorporarse a esta iniciativa na que colaboran Consellería de Educación e a asociación pedagóxica

15/11/2023

“A reinaguración desta icona 800 anos despois da súa consagración é un dos procesos máis significativos dos últimos anos en Europa no ámbito do patrimonio”, salienta

13/11/2023

Agradece a colaboración de todas as institucións e persoas para revitalizar a candidatura ante a Unesco e anima a facer “un impulso conxunto definitivo”

09/11/2023

Asegura que os bens culturais son “historia e recordos” que configuran “a identidade dos pobos”

07/11/2023

O responsable de Cultura agradece a dedicación dos profesionais que participan nesta cita que supón revitalizar a candidatura a Patrimonio da Humanidade deste territorio por parte da Xunta

07/11/2023

O recoñecemento destaca o traballo da institución como espazo de acollida e centro de difusión da ruta, con actividades continuas e máis de 50.000 visitantes cada ano

06/11/2023

O responsable autonómico de Cultura lembra que este é un “verdadeiro reto de país” que precisa da implicación de todos os axentes para garantir o éxito

05/11/2023

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades inaugurará mañá esta cita que se celebrará ata o mércores no Parador de Santo Estevo de Ribas de Sil

05/11/2023

Román Rodríguez explica que o acordo inicial increméntase un 50% para dar resposta ás necesidades detectadas na execución dos traballos

04/11/2023

Os veciños de Portomarín son os primeiros en probar esta nova experiencia de realidade virtual que poderá visitarse tamén proximamente na Cidade da Cultura

02/11/2023

Lembra que do 6 ao 8 de novembro celebrarase en Santo Estevo de Ribas de Sil un congreso con expertos nacionais e internacionais para relanzar a candidatura

24/10/2023

A directora xeral de Patrimonio Cultural, Mª del Carmen Martínez, participa na presentación desta cita que terá lugar do 16 ao 18 de novembro en Ourense e Portugal



 

23/10/2023

Ambos foron entregados á Administración autonómica por un particular e atópanse en bo estado de conservación

21/10/2023

“Seguiremos traballando para coidar, preservar e manter a nosa gran riqueza patrimonial nas mellores condicións”, afirma o conselleiro

20/10/2023

“Isto supón un novo paso no noso compromiso para revalorizar o patrimonio dun dos principais templos do Camiño Portugués de cara o seu 800 aniversario en 2025”, indica

13/10/2023

Os traballos contan cun investimento de 30.000€ para realizar tarefas de roza, limpeza, documentación e sinalización nestes bens

30/09/2023

O responsable autonómico de Cultura percorre os andamios da torre antes da súa retirada, nas próximas semanas, tras o remate das primeiras actuacións

28/09/2023

As obras nestas dúas capelas da xirola están xa en execución e está previsto que finalicen no primeiro trimestre do vindeiro ano 2024

20/09/2023

A directora xeral de Patrimonio Cultural e o delegado territorial da Xunta en Ourense visitan este ben no que o Goberno galego inviste 30.000 €

20/09/2023

As últimas campañas, que suman 50.800 euros de investimento, modificaron por completo a visión do conxunto e descubriron que estivo habitado desde a Idade do Ferro

12/08/2023

Pon en valor os datos positivos de afluencia turística do primeiro semestre do ano, superiores aos do 2022 con 2,7 millóns de viaxeiros (un 11,8 % máis que no mesmo período do ano pasado) e os 4,7 millóns de noites (un 10,6 % máis que no primeiro

11/08/2023

O Diario Oficial de Galicia publica o inicio dos trámites deste proceso que supón a protección inmediata da edificación proxectada polo arquitecto Andrés Fernández-Albalat no concello de Sada e ideada por Luís Seoane e Isaac Díaz Pardo

08/08/2023

O conselleiro de Cultura comproba o avance dos traballos de restauración da Capela da Lanzada, que contan cun orzamento de 110.000€

04/08/2023

O obxectivo desta acción é fomentar a sensibilización e concienciación, impulsar o coñecemento dos bens e incentivar boas prácticas e iniciativas de preservación

02/08/2023

A intervención impulsada polo Goberno galego con 200.000€ permite datar as estruturas escavadas e asocialas ás diferentes etapas de ocupación deste espazo BIC

31/07/2023

Os directores xerais de Cultura e de Patrimonio Cultural, Anxo M. Lorenzo e Mª del Carmen Martínez, visitan o centro para supervisar o inicio dos traballos

19/07/2023

O galardón, dotado con 15.000 euros e dirixido entidades sen ánimo de lucro que protexen a Ruta Xacobea, inclúe unha mención especial ao historiador Paolo Caucci

17/07/2023

Culmina así un proceso no que foi preciso un intenso e minucioso traballo por parte dos técnicos de Patrimonio Cultural do Goberno autonómico

15/07/2023

A intervención impulsada pola Xunta con 200.000 € saca á luz unha moeda e un coitelo cun mango feito de oso neste espazo declarado Ben de Interese Cultural

14/07/2023

  • O Consello da Xunta dá luz verde ao convenio entre a Consellería de Cultura e a Orde de Frades Menores da Provincia Franciscana de Santiago que supón o 40% do custo das obras que están en marcha para a con

07/07/2023

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, sinala que conta cun orzamento de 162.700 euros e o prazo para presentar ofertas remata o vindeiro 19 de xullo

06/07/2023

  • O Consello da Xunta dá visto bo ao decreto na categoría de monumento que abrangue a igrexa parroquial, a casa reitoral, espazos anexos e bens mobles

06/07/2023

O vicepresidente primeiro resalta que o obxectivo é “mellorar a súa conservación, afondar no seu estudo e dar a coñecer este patrimonio á cidadanía”

03/07/2023

Román Rodríguez convida a sumarse “á celebración colectiva da cultura galega” e desfrutar dunha oferta “descentralizada que mobilizará 4M€”

28/06/2023

Os traballos son financiados pola Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades xunto coa Diocese de Ourense e o Concello desta vila ourensá

27/06/2023

Cun investimento de máis de 100.000 €, está previsto que a intervención remate este verán

O obxectivo é solucionar as patoloxías do retablo e reintegrar a súa policromía, así como recuperar o chan de pedra orixinal

27/06/2023

Detalla as actuacións do seu departamento para os vindeiros meses co Plan Xeración Cultura como fío condutor para acompañar o gran momento do sector con 34M€

25/06/2023

A Consellería do Medio Rural levará a cabo as primeiras actuacións para o estudo da escavación que recuperaría este castelo, que xa a realizaría posteriormente a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

23/06/2023

O obxectivo da actuación, cun prazo de seis meses, é corrixir alteracións e resolver as patoloxías producidas polas inclemencias meteorolóxicas o paso do tempo

 

22/06/2023

Corrixiranse problemas causados pola humidade e actuarase sobre os pavimentos, paramentos exteriores e interiores e carpinterías

14/06/2023

A cita terá lugar a partir das 16,00 horas e contará coa participación dos profesionais da empresa CREA Restauración, responsable das obras

08/06/2023

— O Consello da Xunta autoriza a sinatura dun convenio coa Diocese de Mondoñedo-Ferrol para actuar nestes dous bens do Barrio da Magdalena

06/06/2023

O obxectivo da actuación é resolver as patoloxías derivadas da falta de auga, mellorar as condicións de conservación e eliminar o impacto arquitectónico da falsa bóveda do século XX da capela e da sancristía sobre a ábsida románica

24/05/2023

O obxectivo da actuación que promove a Consellería de Cultura é resolver as diferentes patoloxías que afectan á conservación do ben e evitar o seu deterioro

24/05/2023

O evento ‘Cara a un patrimonio cultural accesible e inclusivo. Unha visión holística do patrimonio cultural’ será inaugurado mañá pola directora xeral de Patrimonio Cultural, Mª del Carmen Martínez

23/05/2023

A empresa Obras Gallaecia, gañou o contrato por máis de 570.000€ para garantir a protección e conservación deste Ben de Interese Cultural

11/05/2023

O obxectivo da actuación é, nun prazo de dous meses, resolver as patoloxías máis urxentes do edificio para garantir o uso cultural que ten na actualidade

11/05/2023

  • O Consello da Xunta autoriza a sinatura dun convenio coa Fundación Otero Pedrayo por 80.000 euros para repoñer o deseño que ideara o autor no seu momento

10/05/2023

O Diario Oficial de Galicia publica o inicio dos trámites deste proceso co que o Goberno autonómico dá un paso máis para a súa futura rehabilitación

28/04/2023

A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia publica o inicio do proceso de contratación desta obra que conta cun prazo de execución de tres meses

04/04/2023

O obxectivo desta actuación é evitar un posible deterioro irreversible no ben e a perda de elementos de valor artístico e cultural difíciles de recuperar

03/04/2023

O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, salienta o compromiso do Goberno galego co reforzo dos servizos culturais á disposición dos cidadáns

 

03/04/2023

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades visita a mostra renovada polo Concello a través dun convenio de colaboración coa Xunta de case 55.000€ para incorporar as últimas doazóns de libros, cartas, fotografías e documentos persoais

03/04/2023

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades visita hoxe o centro onde salienta “o paso adiante” que supón a ampliación para rede museística de Galicia “o restaurar elementos do patrimonio galego e sumar valiosos fondos para o público”,

31/03/2023

A actuación impulsada polo Goberno galego con preto de 700.000 € ten por obxectivo recuperar a calzada e mellorar as condicións de accesibilidade ao castelo

31/03/2023

Como novidade deste ano, realizaranse dúas exhibicións diarias para ensinar ao público asistente as técnicas para facer lume durante a Prehistoria

30/03/2023

O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, avanzou esta colaboración nunha recente visita onde salientou o carácter “emblemático para o patrimonio galego” desta peza

 

30/03/2023

O obxectivo desta ferramenta é propoñer accións concretas para que este recurso cultural e turístico sexa visitable e comprensible por todo tipo de públicos

28/03/2023

Trátase da primeira actuación do Plan Catedrais da Consellería neste templo, que consistirá na limpeza de superficies da torre, encintado e selado de xuntas así como a consolidación e reposición do capitel, entre outras

28/03/2023

Os traballos permitirán mellorar as condicións de humidade do templo, un dos máis de 700 BICS galegos, e garantir a conservación das pinturas murais do interior

25/03/2023

O conselleiro destaca o compromiso do Goberno galego coa recuperación do patrimonio, cun incremento do 14 % nos Orzamentos de 2023 para este fin

Salienta o atractivo dinamizador deste valioso ben do Camiño do Norte

25/03/2023

Esta intervención encádrase no Plan Catedrais, a folla de ruta dotada con 36M€ para que os templos catedralicios afronten a década xacobea nas mellores condicións

24/03/2023

O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e a presidenta do Padroado do museo, Concha Losada, asinan un convenio de colaboración que eleva a máis de 1,3M€ o financiamento do Goberno galego para este centro museístico nos últimos tres anos

15/03/2023

Felicita os recoñecidos no día grande da cultura galega e destaca os grandes éxitos que están a colleitar os autores en diferentes disciplinas no panorama nacional e internacional

11/03/2023

O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e o alcalde, José Crespo, asinan un convenio para as actuacións de conservación



O Goberno galego achegará 900.000€, unha terceira parte xa este ano

04/03/2023

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades visita este monumento no que se actuará cun prazo de execución aproximado de 12 meses

03/03/2023

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades e a alcaldesa visitan o ben no que o Goberno galego investirá preto de 140.000€

03/03/2023

A actuación que está a piques de rematar na fachada occidental permite mellorar a conservación, solucionar os problemas de humidade e realzar a contemplación do Pórtico do Paraíso grazas a unha nova iluminación

 

02/03/2023

O resultado da actuación de documentación e limpeza no antigo mosteiro de Castro Caldelas serán amosados o sábado nunha visita guiada

O percorrido partirá da igrexa de San Xoán de Camba a partir das 12,30 horas

20/02/2023

O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, comproba o resultado dos traballos, acompañado da veciñanza

 

04/02/2023

O conselleiro de Cultura inaugura a rehabilitación de San Pedro de Vilanova, onde a Xunta de Galicia acaba de investir 300.000€

 

29/01/2023

O titular de Cultura expón que Galicia “traballa para estar preparada” e presentar as outras dúas candidaturas en marcha, Cíes-Parque Nacional das Illas Atlánticas e Ferrol.

26/01/2023

Culmina o proceso aberto pola Xunta hai un ano para garantir a protección deste conxunto polo seu interese científico, histórico e arqueolóxico

18/01/2023

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades anuncia que a Xunta restaurará este ano a igrexa de Santa María de Azougue, cunha achega de 220.000 €

 

11/01/2023

Permitirá compilar os coñecementos sobre o monumento, definir as necesidades de restauración e achegar propostas para un uso sustentable

28/12/2022

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades acaba de licitar a actuación, tal e como se comprometera co Concello de Sanxenxo

Os traballos consistirán na limpeza da superficie pétrea do conxunto para consolidalo

20/12/2022

A directora xeral de Patrimonio Cultural, Mª Carmen Martínez, inaugura a sexta edición do Foro Territorios Patrimonio que se celebra ata mañá en Monforte de Lemos

12/12/2022

O secretario xeral de Política Lingüística participa na presentación desta cita da música e poesía galego-portuguesa que se celebra co apoio da Xunta

12/12/2022

Nas vindeiras semanas remataranse as actuacións nas capelas do Cristo de Burgos e da Comuñón, ás que o Goberno galego destina máis de 280.000 €

 

10/12/2022

Tras as escavacións feitas en xullo, neste último trimestre tamén se restituíron as bases de granito do seu patio porticado que dan forma ao cuartel xeral

05/12/2022

O Goberno galego vén de rematar a actuación na igrexa, claustro e áreas de visita pública deste Ben de Interese Cultural cun investimento de 500.000€

 

04/12/2022

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades mantivo un encontro con José Manuel Rodríguez Uribes en Rabat no marco do 17 Comité Intergubernamental para a Salvagarda do Patrimonio Cultural Inmaterial

 

02/12/2022

Salienta que o conxunto histórico como hoxe o coñecemos non se podería explicar sen os 30 anos deste organismo e animou a sentar as bases das próximas décadas

 

01/12/2022

A candidatura conxunta de Galicia e Portugal acada este recoñecemento, unha distinción que só obtiveron hoxe catro propostas a nivel internacional

 

30/11/2022

Representantes dos catro municipios avalaron a candidatura española liderada polo Ministerio á que se adheriron varias comunidades como Galicia, que participa dentro da franxa norteña

 

30/11/2022

O representante da Xunta participa neste foro co colectivo Ponte… nas Ondas!, cuxa candidatura para entrar no Rexistro de Boas Prácticas será avaliada mañá, algo ao que só optan catro propostas a nivel internacional e co que Galicia se estrearía n

30/11/2022

Os investigadores localizaron restos de madeira carbonizada que, tendo en conta a súa posición, podería corresponderse coa estrutura orixinal ou con posibles actividades realizadas sobre o anel de pedra

 

28/11/2022



A incoación, que permitirá ao Concello acollerse a axudas para a súa rehabilitación, abrangue a igrexa parroquial, a casa reitoral e os espazos anexos

22/11/2022

Esta nova achega permitirá actuar na cuberta, fachadas e soportais, mellorar a zona das visitas culturais e a accesibilidade na Horta das Olivas e investigar a canalización histórica do santuario

20/11/2022

A directora xeral de Patrimonio Cultural, Mª del Carmen Martínez, participa na visita guiada para explicar o resultado da actuación realizada este outono

 

18/11/2022

A directora xeral de Patrimonio Cultural, Mª Carmen Martínez, explica na xornada ‘Un exemplo de educación patrimonial’ que a Consellería de Cultura impulsou nos últimos anos unha ducia de actuacións na igrexa, claustro e zonas de visitas

17/11/2022

Os técnicos presentarán este sábado o resultado dos traballos realizados pola Xunta e a Universidade de Vigo nas xornadas ‘Adro Vello. Pasado, presente e futuro’ que se celebrarán na Casa da Cultura Lueiro Rey

03/11/2022

O responsable autonómico de Cultura anunciou que o Goberno galego ten xa listo o proxecto e que iniciará o proceso de licitación nas vindeiras semanas

Arquivos
Museos de Galicia
Camiño de Santiago
Bens de interese cultural