Nova: Reunión preparatoria para constituír a Fundación Blanco Amor

14/09/2014

Reunión preparatoria para constituír a Fundación Blanco Amor

  • Eduardo Blanco Amor Eduardo Blanco Amor
  • O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, acompañado polo presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar, participou nunha xuntanza de traballo para a creación da Fundación Blanco Amor O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, acompañado polo presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar, participou nunha xuntanza de traballo para a creación da Fundación Blanco Amor

Ourense, 14 de setembro de 2014.- O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, acompañado polo presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar, participou nunha xuntanza de traballo para a creación da Fundación Blanco Amor.

No decurso da reunión fíxoselles entrega do borrador dos estatutos da futura Fundación aos responsables das entidades implicadas. Ao acto tamén asistiron o vicepresidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices; o presidente do Pen Club Galicia, Luís González Tosar; o director da editorial Galaxia, Víctor Freixanes; e a sobriña-neta de Blanco Amor, Ana Risco Bóveda, entre outros.

Comparte