Nova: A torre do campanario do mosteiro de San Martiño Pinario será restaurada

03/09/2014

A torre do campanario do mosteiro de San Martiño Pinario será restaurada

Un ben de gran significado para a cidade de Santiago de Compostela, tanto polo seu valor cultural como polo seu tamaño xa que é un dos edificios relixiosos máis grandes do Estado español

  • Vídeo con declaracións do conselleiro de Cultura e Educación
  • Mosteiro San Martiño Pinario Mosteiro San Martiño Pinario
  • Xesús Vázquez Abad na reunión co alcalde de Santiago Xesús Vázquez Abad na reunión co alcalde de Santiago
  • Xesús Vázquez Abad na reunión co alcalde de Santiago Xesús Vázquez Abad na reunión co alcalde de Santiago
  • Xesús Vázquez Abad na reunión co alcalde de Santiago Xesús Vázquez Abad na reunión co alcalde de Santiago
  • Xesús Vázquez Abad na reunión co alcalde de Santiago Xesús Vázquez Abad na reunión co alcalde de Santiago

Santiago, 3 de setembro de 2014.- A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria destinará máis de 126.000 euros á restauración da torre do campanario do mosteiro de San Martiño Pinario, un ben de gran significado para a cidade de Santiago de Compostela, tanto polo seu valor cultural como polo seu tamaño xa que é un dos edificios relixiosos máis grandes do Estado español. 

En palabras do conselleiro “O mosteiro de San Martiño Pinario é un inmoble de valor cultural de primeiro orden e de senlleira relevancia e importancia no conxunto histórico de Santiago. Polo tanto, cremos que é necesario facer un esforzo económico, moi significativo nestes tempos, para garantir o seu mantemento”.

Así llo comunicou este mediodía o conselleiro, Xesús Vázquez Abad, ao alcalde, Agustín Hernández, no transcurso dunha reunión celebrada no Pazo de Raxoi na que participaron tamén o secretario xeral técnico da Consellería, Jesús Oitavén, o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e mais a directora xeral do Patrimonio Cultural, María Carmen Martínez Insua. Neste sentido o titular do departamento de Cultura da Xunta explicoulle ao rexidor compostelán que a Consellería xa redactado o proxecto da intervención e está en disposición de iniciar a licitación da obra, que ten como obxectivo recuperar os pináculos que se derrubaron como consecuencia do impacto dun lóstrego.

Actuacións previstas
O impacto dun lóstrego provocou o derrube parcial da estrutura da torre do mosteiro e desperfectos na cuberta e salas interiores. O obxectivo da actuación que se vai acometer inclúe a limpeza xeral das fachadas e da balaustrada, a desalación da cantería do interior do cupulín, ao tempo que se reconstruirá o pináculo que coroa o mesmo, e se levará a cabo unha consolidación superficial da fábrica de granito e a hidrofugación da pedra.

Ademais restaurarase o rexuntado en todas as fachadas do campanario, o mesmo que a cruz e a veleta, que logo serán repostas, recomporanse os pináculos da balaustrada e reparase os sillares con perdida de masa.

A maiores substituiranse os elementos de madeira que conforman as dúas estruturas de madeira do campanario ao igual que as varandas de ferro que están situadas na planta do primeiro corpo. Para rematar, tamén se colocarán as grapas nas balaustradas.

San Martiño Pinario está constituído por unha igrexa e un mosteiro, de planta complexa, froito dunhas obras que duraron tres séculos. As dependencias principais están ao redor de catro patios. Exteriormente ten tres fachadas. O flanco norte constitúe a igrexa monacal e os seus anexos. O edificio está constituído por un corpo central alongado, pechado por dúas torres. Actualmente acolle as dependencias do Arquivo Histórico Diocesano ao tempo que é a sede do seminario maior da Arquidiócese de Santiago de Compostela.

 

 

Comparte