Evento: Obradoiro Cativarte
Obradoiro Cativarte
luns, 22 decembro, 2014 - 11:00
Centro Galego de Arte Contemporánea,
Santiago de Compostela Obradoiro Cativarte
Obradoiros de Nadal no CGAC
Xesús Carballido propón crear a partir dos materiais cotiáns que os pequenos teñan na casa. Traballarán cos seus propios xoguetes rotos, con contos vellos ou con esas outras cousas que adoitamos tirar ao lixo ou gardar eternamente para usalas nalgún momento (chaves, abelorios, clips, botóns…). Con esa materia prima tan especial crearán un cadro tridimensional persoal mesturando diversas técnicas artísticas como o debuxo, a pintura, a colaxe e a ensamblaxe.
Máis eventos de tipo Obradoiro