Evento: As laranxas máis laranxas de todas as laranxas

  • As laranxas máis laranxas de todas as laranxas
As laranxas máis laranxas de todas as laranxas
martes, 9 decembro, 2014 - 10:00
Salón Teatro,
Santiago de Compostela

As laranxas máis laranxas de todas as laranxas

Nova versión do CDG da obra de Carlos Casares, considerada como unha das principais contribucións ao ámbito da literatura infantil e xuvenil

O Centro Dramático Galego (CDG) estrea unha nova versión de As laranxas máis laranxas de todas as laranxas, da man do director luso-brasileiro José Caldas.

Escrita nun único acto e localizada no ambiente rural galego, a historia comeza co nacemento de cinco laranxas xigantes e moi estrañas no limoeiro da horta da casa de Elías e Anxa. Unha delas estoura cando o amo da casa a toca. Co estrondo do estoupido acoden os veciños, e a partir de entón comezan a ocorrer anécdotas insólitas, ilóxicas, mesmo disparatadas, absurdas, pero divertidas, protagonizadas polo donos da horta, o Veciño da Escopeta, o Gordo ou Toneladitas, a Veciña Sabida, a Desdentada, o Ovo ou a galiña Petra.

As funcións matinais do CDG nesta xira están programadas para os escolares.
As funcións escolares do mes de decembro no Salón de Teatro en Santiago poden reservarse neste teléfono: 981 581 111 ext. 11

Máis eventos de tipo Espectáculo

Unha de piratas
22 de abril
Biblioteca Central Emilia Pardo Bazán
Cueiros de cores
23 de abril
Biblioteca Pública Municipal de Ponteceso
Ondamini con Mamá Cabra
23 de abril
Biblioteca Pública Municipal das Pontes de García Rodríguez
O traxe novo do rei
24 de abril
Biblioteca Pública Municipal de Baiona