Evento: Ciclo Buster Keaton
Ciclo Buster Keaton
O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) ofrece unha nova restauración de filmes de Buster Keaton. Nesta coasión 'The navigator/El navegante'. As sesións son ás 18 horas e 20: 30 horas.
Dirección: Buster Keaton e Donald Crisp.
Guión: Clyde Bruckman, Jean Havez e Joseph Mitchell.
Produción: Buster Keaton Productions.
Fotografía: Elgin Lessley e Byron Houck.
Intérpretes: Buster Keaton, Kathryn McGuire. Duración: 80 minutos.
Sinopse: Rexeitado pola filla dun armador, un millonario (Keaton) embárcase nun cruceiro oceánico para esquecer as súas penas. Por equivocación sobe ao Navigator, barco do pai da súa amada ameazado por un grupo de activistas políticos. A ineptitude das clases sociais máis opulentas e a comicidade que pode envolver todo proceso de namoramento aparecen ben narradas por medio dun cúmulo de achados visuais e a enorme capacidade de síntese atinxida.
Como extra a curtametraxe de 24 minutosThe Goat / La cabra (1921) de Buster Keaton e Mal St. Clair.
Máis eventos de tipo Proxección audiovisual