Evento: Bibliotecas animadas
Bibliotecas animadas
Bibliotecas animadas
Obradoiro para afondar na creatividade coa técnica de stop-motion
Un obradoiro onde se afonda nas propias capacidades creativas dos nenos e das nenas, desde diferentes actividades relacionadas coa creación da imaxe en movemento, foto a foto, grazas á técnica stop-motion. Deste xeito, os cativos achegaranse ao mundo do cinema, da fotografía, da literatura e das artes plásticas.
Está dirixido á mocidade e tamén a nenos e nenas, de 6 a 12 anos, e ten unha duración de 360 minutos, en 4 sesións.
Esta actividade forma parte do programa Ler conta moito, que se desenvolve na Rede de Bibliotecas de Galicia.
Ligazóns
Máis eventos de tipo Obradoiro