Patrimonio: O PICASSO GALEGO

O PICASSO GALEGO

O Museo de Belas Artes recupera a primeira etapa do artista

Coñeciades que a primeira exposición pública de Pablo Picasso foi con tan só 13 anos? E que este precoz acontecemento tivo lugar na Coruña? Para celebrar o 120º aniversario desta estrea artística e poñer en valor a pegada galega na obra dun dos pintores máis importantes do século XX, o Museo de Belas Artes da Coruña acolle ata o 24 de maio a mostra O primeiro Picasso. A Coruña 1891-1895.

 

Ler máis

Máis de 200 obras ofrecen un percorrido por estes cinco anos, entre as que se inclúe La muchacha de los pies descalzos, unha das máis salientables que o mestre malagueño pintou na cidade herculina, onde viviu coa súa familia dos 9 aos 13 anos e na que recibiu a súa primeira formación académica. Agora a exposición recupera esta etapa fundamental do artista, a máis descoñecida, e que marcou o inicio da súa traxectoria.

Xunto con obras senlleiras de Picasso como Cabeza de muchacho (autorretrato evocativo) ou Fauno sonriendo, a exposición amosa a influencia destes anos en obras de clara referencia á Coruña e a Galicia como Playa del OrzánTorre de HérculesPerfil de mujer gallega y Aldeanos gallegos

Comparte