Axudas, subvencións e bolsas : Axudas do programa Europa Creativa: Plataformas europeas

Axudas do programa Europa Creativa: Plataformas europeas

Esta medida ofrece apoio a organizacións culturais e creativas europeas cuxos obxectivos sexan os seguintes:

- Impulsar o desenvolvemento de novos talentos e estimular a mobilidade transnacional dos axentes culturais e creativos, así como a circulación de obras, e que teñan potencial para exercer unha gran influencia nos sectores cultural e creativo, e conseguir efectos duradeiros;

- Axudar a mellorar o recoñecemento e a visibilidade dos artistas e creadores cun forte compromiso en termos de programación europea mediante actividades de comunicación e unha estratexia de marca, incluída, no seu caso, a creación dunha etiqueta europea de calidade.

 

Estado de tramite: Resolto

Comparte