Noticias
Noticias: PATRIMONIO CULTURAL
O Museo do Castro de Viladonga explica a través dunha mostra o proceso de restauración dunha ola castrexa
[15/08/2012] A exposición, que se inaugura mañá, amósalle á cidadanía o proceso de reconstrución dun tipo cerámico utilizado xa desde o século IV a.C. e ata o III d.C.
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria expón, a partir de mañá, a ola castrexa que os especialistas do Museo do Castro de Viladonga, no concello lucense de Castro de Rei, levan restaurando durante anos de minucioso traballo, a través dunha mostra realizada polo equipo técnico do centro baixo a coordinación da súa restauradora Carolina Pérez Pérez.
O proceso de restauración dunha ola castrexa, nova exposición temporal deste centro dependente da Consellería, servirá para darlle a coñecer á cidadanía un tipo cerámico moi habitual no noroeste da Península durante séculos, que se utilizou polo menos entre o IV a.C. e o III d.C.
A ola castrexa, que se expón por primeira vez, é un recipiente de uso doméstico duns 26 litros de capacidade froito do rigoroso labor de restauración realizado sobre 93 fragmentos cerámicos aparecidos nas escavacións arqueolóxicas levadas a cabo neste castro por Manuel Chamoso Lamas nos anos setenta do século pasado.
A mostra explica en seis paneis, cunha detallada información escrita e gráfica, as distintas fases do traballo de restauración. Así permite, ademais de amosar o interese arqueolóxico da peza, coñecer os antigos procesos técnicos de fabricación.
Con esta exposición, a Consellería pon en valor ademais o traballo que se realiza sobre un patrimonio ás veces moi fragmentario pero que ofrece sempre importantes informacións históricas engadidas ao seu valor propiamente cultural.
Compárteo
-
- Tweet
-
Noticias
A apertura do Festival de Cans ofrece a estrea en Galicia do filme ‘Somos xente honrada’
[24/05/2013] A primeira longametraxe do director vigués Alejandro Marzoa contou cunha achega económica da Consellería a través das axudas á produción audiovisual da Agadic, que patrocina tamén o certame que se celebra ata o sábado no Porriño. Máis sobre: A apertura do Festival de Cans ofrece a estrea en Galicia do filme ‘Somos xente honrada’+
Noticias
Os ámbitos empresarial e creativo centran as xornadas Economía e Cultura no Gaiás
[24/05/2013] Co obxectivo de favorecer a profesionalización do sector cultural, abordaranse en cinco sesións aspectos como os novos mercados, o autoemprego, as funcións do artista e do empresario, os novos formatos culturais ou os avances tecnolóxicos. Máis sobre: Os ámbitos empresarial e creativo centran as xornadas Economía e Cultura no Gaiás+
Noticias
aCentral Folque organiza un concerto especial no Salón Teatro a prol do seu centro de estudos de música popular galega
[24/05/2013] Guadi Galego, a Ensemble Vocal de Davide Salvado e Paulina Ceremuzynska ou Os Cempés son algúns dos artistas que compartirán escenario con profesores e alumnos do centro docente compostelán. Máis sobre: aCentral Folque organiza un concerto especial no Salón Teatro a prol do seu centro de estudos de música popular galega+
Noticias
A música contemporánea dialoga coa arte, coa ciencia e co pensamento no ciclo de concertos 'Do Audible'
[23/05/2013] A través de catro sesións, Do Audible ofrece propostas musicais de vangarda que interaccionan con diferentes campos da expresión e do pensamento, como a palabra, o visual, a natureza e a arquitectura. Máis sobre: A música contemporánea dialoga coa arte, coa ciencia e co pensamento no ciclo de concertos 'Do Audible'+
Noticias
O Museo do Mar exhibe unha ampla escolma de pezas significativas do modelismo naval
[22/05/2013] A VII Mostra de Modelismo Naval da Asociación de Modelistas Navais de Galicia (Amonaga) inclúe vinte embarcacións a vela, dezaoito embarcacións tradicionais galegas, nove embarcacións tradicionais do mundo e vinte e oito embarcacións a motor. Máis sobre: O Museo do Mar exhibe unha ampla escolma de pezas significativas do modelismo naval+












