Noticias
Noticias: ANO CELSO EMILIO FERREIRO
O legado de Celso Emilio Ferreiro difúndese na provincia de Lugo a través dunha campaña nas rúas que levan o nome do escritor
[27/06/2012] Co obxectivo de favorecer un maior coñecemento da súa vida e da súa obra, a Consellería distribuíu hoxe material con información sobre o poeta en fogares de Sarria, Monforte, Burela, Lugo, O Saviñao e Viveiro.
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria puxo hoxe en marcha a campaña Vivo na rúa Celso Emilio Ferreiro na provincia de Lugo, unha iniciativa que ten como obxectivo difundir e poñer en valor o legado do escritor entre os veciños e veciñas que residen nalgunha das 28 rúas que en Galicia levan o seu nome.
A través da distribución de material sobre a vida e a obra do autor, a Consellería levou hoxe esta iniciativa aos fogares das rúas que levan o nome de Celso Emilio Ferreiro na provincia lucense, concretamente nas localidades de Sarria, Monforte, Lugo, O Saviñao, Viveiro e Burela. Este último concello foi o escenario da acto de presentación da campaña, que contou coa proxección de videopoemas de Celso Emilio Ferreiro no IES Perdouro, cun paseo literario polas rúas e, finalmente, cun recitado poético na praza do Concello.
O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, destacou en Burela que "sendo como é Celso Emilio Ferreiro un poeta popular, ao que moitos se teñen referido como a voz do pobo, consideramos que o axeitado era programar actividades que lle achegasen á cidadanía a súa figura e legado fóra dos circuítos habituais da información cultural".
Respecto da participación de dos veciños e veciñas de Burela no acto tamén destacou que a localidade é un punto de encontro de xentes e identidades diversas, capaz de convivir e de valorar a riqueza da diversidade de culturas e expresións".
Nos actos tamén participaron o alcalde de Burela, José González; o xefe territorial da Consellería de Cultura e Educación en Lugo, Xosé Ramos; alumnado e profesorado do IES Perdouro, e veciños e veciñas do lugar.
As actividades
Vivo na rúa Celso Emilio Ferreiro desenvólvese a través da distribución nos fogares da rúa que leva o nome do escritor folletos con información detallada da súa vida e da súa obra, en formatos diferentes e entretidos, e con contidos de interese para toda a cidadanía.
Cómpre recordar que a distribución do material desta campaña comezou nas rúas da provincia de Ourense no mes de abril e achegoulles o legado de Celso Emilio Ferreiro aos veciños do Carballiño, de Celanova, de Ourense, de Ribadavia e de Xinzo de Limia.
No mes de setembro, o percorrido proseguirá pola provincia de Pontevedra, nas rúas de Vilagarcía de Arousa, Cambados, Pontevedra, Nigrán e Vigo. Finalmente, a itinerancia por toda Galicia completarase en outubro nos fogares de Culleredo, Oleiros, Ares, Mugardos, Narón, Ferrol, As Pontes de García Rodríguez, Arteixo, Carballo, Cerceda, Santiago de Compostela e Ribeira, na provincia da Coruña.
Compárteo
-
- Tweet
-
Noticias
O director da Agadic garante no Parlamento unha acción eficiente a prol da dinamización e da competividade das industrias culturais galegas
[19/06/2013] Jacobo Sutil compareceu a petición propia para explicar tanto as liñas programáticas como as actuacións concretas do organismo que incidirán nos sectores audiovisual, escénico e musicaL. Máis sobre: O director da Agadic garante no Parlamento unha acción eficiente a prol da dinamización e da competividade das industrias culturais galegas+
Noticias
O Museo do Mar amplía as datas da exposición sobre modelismo naval
[19/06/2013] Durante a fin de semana do 29 e 30 de xuño celebrarase unha xornada de visitas guiadas á mostra, organizada pola Asociación de Modelistas Navais de Galicia. Máis sobre: O Museo do Mar amplía as datas da exposición sobre modelismo naval+
Noticias
Santiago de Compostela será a primeira cidade española na que se realice o ciclo de lecer e coñecemento 'Nerd Nites'
[19/06/2013] A partir do 20 de xuño ás 20:00 horas terá lugar no CGAC un encontro no que os asistentes poderán conversar acerca da desaparición das estrelas ou da obxección de Ernst Mach á liña do horizonte. Máis sobre: Santiago de Compostela será a primeira cidade española na que se realice o ciclo de lecer e coñecemento 'Nerd Nites'+
Noticias
Roteiros a pé e visitas astronómicas para gozar da Cidade da Cultura durante o verán
[18/06/2013] Os programas 'Camiño ao Gaiás' e 'Astronomía. Un novo lugar para ver o ceo' ofrecen actividades de balde que combinan lecer, deporte e coñecemento. Máis sobre: Roteiros a pé e visitas astronómicas para gozar da Cidade da Cultura durante o verán+
Noticias
Galicia e Portugal poñen en marcha o seu primeiro circuíto de intercambio teatral
[18/06/2013] O programa 'Troco x troco' levará ata o país veciño os novos espectáculos de Teatro do Noroeste, Teatro do Morcego, Teatro do Atlántico e Sarabela Teatro traerá a Galicia as montaxes das compañías residentes en Braga, Coimbra, Évora e Porto. Máis sobre: Galicia e Portugal poñen en marcha o seu primeiro circuíto de intercambio teatral+












