Noticias
Noticias: PATRIMONIO CULTURAL
Cultura e Educación renova o seu compromiso co patrimonio cultural ao adecuar as funcións do Consello Superior de Valoración de Bens Culturais de Interese ás necesidades actuais
[10/05/2012] O Consello da Xunta deu hoxe o visto e prace ao proxecto de Decreto polo que se aproba o regulamento de composición e funcionamento do Consello Superior de Valoración de Bens Culturais de Interese para Galicia. Trátase dunha nova manifestación do compromiso da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria coa conservación do patrimonio galego.
O novo decreto redundará nun mellor funcionamento deste órgano asesor asesor de natureza colexiada, o que suporá unha mellor xestión dos asuntos relacionados co patrimonio cultural no que atinxa á súa valoración económica de cara á súa incorporación aos sistema de museos, bibliotecas, arquivos ou calquera ente dependente da Xunta de Galicia.
Composición
Neste sentido, a reformulación prevé aspectos como a renovación gradual dos seus membros, ou especificar as condicións en que as solicitudes de valoración deben ser achegadas. Así mesmo, busca clarificar os cometidos deste órgano, co fin de mellorar a súa actividade.
O Consello estará formado polo presidente - a persoa titular da dirección xeral competente en materia de patrimonio cultura, vicepresidente - a persoa titular da Subdirección Xeral de Protección do Patrimonio Cultural- e dez vogais.
Destes últimos, seis serán nomeados por proposta da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, elixidas entre facultativos de grao superior ou medio de museos, arquivos e bibliotecas, membros das academias galegas, e investigadores, expertos ou docentes en materias relacionadas coa historia, historia de arte, arquitectura, etnoloxía, arqueoloxía ou restauración, sendo un en arte contemporánea.
Outros dous nomearanse por proposta da persoa titular da consellería con competencia en materia de facenda entre titulares dunha subdirección ou xefatura de servizo, unha con funcións en materia de tributos e outra con funcións en materia de patrimonio da Comunidade Autónoma.
Ademais, entre os vogais haberá un representante do Consello da Cultura Galega e outro do Sistema Universitario Público galego, cunha rotación entre as tres universidades cada tres anos.
Os vogais serán nomeados por un período de catro anos, salvo os representantes do Consello da Cultura Galega e do sistema universitario público galego, que serán nomeados por un período de tres anos. Transcorridos estes prazos, os nomeamentos dos vogais poderán renovarse por un período igual ao do mandato inicial, e todos eles poderán volver a ser nomeados transcorridos seis anos dende o seu cesamento.
Funcións
O Consello Superior de Valoración de Bens Culturais de Interese emitirá informes sobre a valoración económica de bens culturais mobles que se pretendan adquirir con destino a arquivos e museos sobre os que teña competencias a Xunta de Galicia; a de bens culturais integrantes do patrimonio bibliográfico de Galicia ou obras de especial interese ou rareza que se pretendan adquirir con destino a bibliotecas sobre as que teña competencias o Goberno galego; así como sobre a de bens culturais que se oferten á Xunta de Galicia como pagamento de débeda tributaria.
Ademais, fará valoración económica de bens culturais mobles que se oferten en depósito ou comodato con destino a bibliotecas, arquivos e museos sobre os cales teña competencias a Xunta e sobre os que se pretendan adquirir ou que se oferten en depósito ou comodato, con destino á Administración xeral da Comunidade Autónoma ou ás distintas entidades instrumentais do sector público autonómico. Así mesmo, valorará os bens mobles obxecto dos achados casuais, para os efectos da concesión do premio en metálico que determina a normativa autonómica de patrimonio cultural.
Por outra banda, emitirá informe no caso de exercicio dos dereitos de adquisición preferente do tanteo e retracto, que lle correspondan á Xunta de Galicia, agás no caso de poxas públicas de bens mobles con destino a bibliotecas, arquivos e museos nos que teña competencias a Xunta de Galicia.
A modificación realízase de acordo coa experiencia acadada nos anos de funcionamento da Comisión Superior de Valoración de Bens Culturais de Interese para Galicia, e que aconsella modificar as súas funcións e a súa composición.
Doutra banda, o cambio da denominación de comisión pola de consello que adopta esta norma vén determinado polo establecido no artigo 22 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
Compárteo
-
- Tweet
-
Noticias
O libro galego amplía a súa participación do sector en feiras internacionais
[22/05/2013] O conselleiro e o presidente da Asociación Galega de Editores asinaron hoxe un convenio de colaboración a través do cal se amplía a presenza das obras e das editoriais galegas á feira do libro de Frankfurt, e se continúa a participar nas de Madrid, Barcelona, Boloña, e Guadalaxara. Máis sobre: O libro galego amplía a súa participación do sector en feiras internacionais+
Noticias
Arranca na Coruña o II Festival Arte pola Igualdade
[22/05/2013] Alumnado do Centro de Educación Especial María Mariño e do Conservatorio Profesional de Música da Coruña participan na iniciativa. Máis sobre: Arranca na Coruña o II Festival Arte pola Igualdade+
Noticias
'Dias sen gloria' de Roberto Vidal Bolaño chega a Narón da man do Centro Dramático Galego
[22/05/2013] O Pazo da Cultura da localidade coruñesa acollerá este sábado 25 ás 20:00 horas unha función para público xeral, que virá precedida da que se desenvolverá o venres pola mañá para os escolares da comarca de Ferrolterra. Máis sobre: 'Dias sen gloria' de Roberto Vidal Bolaño chega a Narón da man do Centro Dramático Galego+
Noticias
A Dirección Xeral de Patrimonio presenta as liñas prioritarias de actuación do departamento
[21/05/2013] Martínez Ínsua abordou no Parlamento os temas como o futuro marco legal do Patrimonio de Galicia ou os plans de acción para o patrimonio material e inmaterialos importantes avances nos traballos de delimitación dos Camiños de Santiago, e os traballos para o recoñecemento das novas rutas do Camiño de Inverno e o do Camiño Portugués pola costa. Máis sobre: A Dirección Xeral de Patrimonio presenta as liñas prioritarias de actuación do departamento+
Noticias
O filme 'Máscaras', que aposta pola integración das persoas con discapacidade, proxéctase no Mupega
[21/05/2013] A película de Iago González Iglesias narra a historia de dous grupos de persoas con discapacidades que, sen experiencia previa, aproveitaron cadansúa competencia para rodar unha curtametraxe. Máis sobre: O filme 'Máscaras', que aposta pola integración das persoas con discapacidade, proxéctase no Mupega+











