Noticias
Noticias: AGADIC
Cultura e Educación participa na presentación do X Festival Reperkusión que se celebra do 17 ao 19 de maio en Ourense
[08/05/2012] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria participou hoxe en Ourense na presentación do Festival Reperkusión, que celebra a súa décima edición do 17 ao 19 de maio na Cidade dos Muchachos de Bemposta.
Serán tres días e case 72 horas de programación multidisciplinar, con 35 actuacións de música e circo que terán o seu punto álxido nos dous concertos que Manu Chao La Ventura ofrecerá na carpa central nas noites do xoves e o sábado.
Durante a súa intervención na rolda de prensa, o director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Juan Carlos F. Fasero, fixo fincapé na importancia económica que ten un festival destas características: "Non é só un evento divertido, senón que ten un impacto económico notable, tanto polo investimento que implica como polos beneficios que xera no concello ou na comarca no que se desenvolve", asegurou.
Nese mesmo sentido, Fasero subliñou que a nova liña de subvencións a festivais que a Consellería de Cultura e Educación acaba de convocar a través da Agadic ten por obxectivo crear un marco legal estable para canalizar o apoio da Xunta de Galicia a este tipo de eventos. O prazo de solicitude para optar a estas axudas continúa aberto ata o día 18 deste mes de maio.
Neste acto de presentación participaron tamén Xurxo Seara e Emilio Oro, da organización do festival; Antonio Martínez, presidente da Fundación Benposta, e Manuel Doñoro, secretario da Asociación Cultural Padre Silva. Os organizadores detallaron a programación desta décima edición, na que destaca a presenza de Manu Chao coa súa nova formación para ofrecer dous concertos diferentes, con repertorios distintos, colaboracións sorpresa e case tres horas sobre o escenario.
Amplo cartel musical
No amplo cartel musical deste ano destaca, asemade, o primeiro concerto de El Canijo de Jerez desde que deixou Los Delinqüentes e antes da saída do seu disco de debut en solitario; a oportunidade de ver algúns dos directos máis potentes do Leste de Europa: Kiril Dzajkovski (Macedonia), Dubioza Kolektiv (Bosnia) e Bohemian Betyars (Hungría); a volta ao Reperkusión de bandas que foron descubertas aquí para o público galego: Funky Style Brass (Francia) e Russkaja (Austria); unha importante presenza de bandas galegas: Os 3 Trebóns, Festicultores Troupe, Terbutalina, Pé de Boi, Chotokoeu, Güintervan, Quando Vand ou Ke-Percussion, entre outras; ademais de djs, pasarrúas, percusións, danza oriental, cantautores...
Ao tempo, este ano o circo cobra un maior protagonismo dentro da programación coincidindo co traslado da sede do festival á Cidade dos Muchachos de Bemposta, que foi a primeira escola de circo de España.
Mestizaxe cultural
A edición número dez do Reperkusión mantén a fórmula que o consolidou como un evento único: é un festival multidisciplinar que busca a orixinalidade en todos os estilos que acolle baixo o paraugas da mestizaxe cultural. Neste sentido, súmanse música, circo, danza, formación e compromiso para conformar un ambiente de festa pensado para todos os públicos.
O Reperkusión conta con tres escenarios. Ao de noite, onde se desenvolven os concertos principais, accédese previo pago, mentres que o resto das actividades son de balde. No escenario de día celebraranse concertos durante toda a tarde, e no chamado escenario de gorra terá lugar o X Encontro de Circo, con espectáculos de malabares, acrobacias, trapecio, comedores de espadas, clown, maxia e break dance, unha nova edición da Olimpíada de Malabares e obradoiros de circo impartidos polos bemposteños do Circo dos Muchachos. Esta institución será obxecto dunha exposición que repasará a súa historia desde a fundación en 1966.
Entradas á venda
Os bonos e entradas para o X Festival Reperkusión poden mercarse de xeito anticipado ata o 16 de maio a un prezo de 45 € o bono de tres días, 50 € o bono con cámping e 20 € a entrada dun día. No despacho de billetes nos días do festival, os prezos serán de 50 € o bono de tres días, 55 € o bono con cámping e 25 € a entrada dun día.
As entradas poden adquirirse a través da web www.reperkusion.com, onde tamén se especifican os diferentes puntos de venda directa en Ourense, Vigo, Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo, Allariz, Xinzo de Limia, Celanova e Boiro.
Compárteo
-
- Tweet
-
Noticias
Diferentes localidades galegas poderán desfrutar da xira do espectáculo de Amancio Prada dedicado a Rosalía de Castro
[18/06/2013] A través de ‘A Rosalía de Federico’, Amancio Prada propón un diálogo escénico entre dúas das figuras máis representativas da poesía española dos séculos XIX e XX: Rosalía de Castro e mais Federico García Lorca. Máis sobre: Diferentes localidades galegas poderán desfrutar da xira do espectáculo de Amancio Prada dedicado a Rosalía de Castro+
Noticias
A exposición ‘As nosas pegadas’ pódese visitar na Delegación Territorial da Xunta en Lugo
[17/06/2013] Recolle unha escolma de 24 obras pictóricas das dúas artistas lucenses na que se conxugan retratos e cadros con motivos paisaxísticos. Máis sobre: A exposición ‘As nosas pegadas’ pódese visitar na Delegación Territorial da Xunta en Lugo+
Noticias
A xornada técnica sobre administración electrónica e arquivos desenvolvese na Cidade da Cultura
[17/06/2013] O obxectivo da iniciativa é informar sobre o novo modelo de xestión os arquiveiros e os técnicos que participan na súa implantación en Galicia. Máis sobre: A xornada técnica sobre administración electrónica e arquivos desenvolvese na Cidade da Cultura+
Noticias
O ciclo de concertos 'Do Audible' chega ao Liceo de Ourense
[16/06/2013] A iniciativa promovida polo departamento de Xesús Vázquez Abad propón un diálogo entre a música, a ciencia, a arte e o pensamento contemporáneos, coa interpretación musical de Vertixe Sonora Ensemble. Máis sobre: O ciclo de concertos 'Do Audible' chega ao Liceo de Ourense+
Noticias
A Delegación da Xunta en Vigo acolle ata o 30 de xuño a exposición 'futuro. NOMIAS' do artista plástico J. Ilhuicamina
[15/07/2013] A mostra, segundo expresa o autor, é unha reflexión acerca do ser humano e a súa relación coa tecnoloxía e o medio ambiente. Máis sobre: A Delegación da Xunta en Vigo acolle ata o 30 de xuño a exposición 'futuro. NOMIAS' do artista plástico J. Ilhuicamina+













