Noticias
Noticias: DESPUNTE 2012
Cultura e Educación pon en valor o talento e a innovación dos novos creadores no desfile "Despunte 2012"
[04/05/2012] A Cidade da Cultura acolleu esta tarde a pasarela de moda coa colección de fin de carreira da 3ª promoción de diplomados da EASD Mestre Mateo.
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria converteu esta tarde a Cidade da Cultura nunha pasarela de moda coas creacións dos alumnos e alumnas da 3ª promoción de diplomados en Estudos Superiores en Deseño de Moda da EASD Mestre Mateo. Eles foron os encargados de vestir de frescura e orixinalidade a Biblioteca de Galicia a través de Despunte 2012, desfile no que amosaron os seus traballos de fin de carreira.
O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, asistiu á presentación da colección e felicitou os novos deseñadores polo seu traballo, ao tempo que os animou "a seguir desenvolvendo proxectos creativos e innovadores para o seu posicionamento no mercado". "As industrias creativas, que conectan a cultura e os emprendedores, albíscase como unha fórmula interesante para estes momentos nos que se necesitan novas ideas para continuar avanzando".
Esta colaboración coa EASD Mestre Mateo enmárcase dentro da liña de traballo da Cidade da Cultura de apoio á educación e aos novos talentos e creadores do país. No interese por apoiar a xente nova nos procesos de aprendizaxe e no desenvolvemento da súas habilidades, a Consellería de Cultura e Educación pretende a través de iniciativas como esta contribuír a estimular o seu traballo e a súa creatividade, así como dar a coñecer entre o público as creacións dos talentos emerxentes.
Compárteo
-
- Tweet
-
Noticias
A apertura do Festival de Cans ofrece a estrea en Galicia do filme ‘Somos xente honrada’
[24/05/2013] A primeira longametraxe do director vigués Alejandro Marzoa contou cunha achega económica da Consellería a través das axudas á produción audiovisual da Agadic, que patrocina tamén o certame que se celebra ata o sábado no Porriño. Máis sobre: A apertura do Festival de Cans ofrece a estrea en Galicia do filme ‘Somos xente honrada’+
Noticias
Os ámbitos empresarial e creativo centran as xornadas Economía e Cultura no Gaiás
[24/05/2013] Co obxectivo de favorecer a profesionalización do sector cultural, abordaranse en cinco sesións aspectos como os novos mercados, o autoemprego, as funcións do artista e do empresario, os novos formatos culturais ou os avances tecnolóxicos. Máis sobre: Os ámbitos empresarial e creativo centran as xornadas Economía e Cultura no Gaiás+
Noticias
aCentral Folque organiza un concerto especial no Salón Teatro a prol do seu centro de estudos de música popular galega
[24/05/2013] Guadi Galego, a Ensemble Vocal de Davide Salvado e Paulina Ceremuzynska ou Os Cempés son algúns dos artistas que compartirán escenario con profesores e alumnos do centro docente compostelán. Máis sobre: aCentral Folque organiza un concerto especial no Salón Teatro a prol do seu centro de estudos de música popular galega+
Noticias
A música contemporánea dialoga coa arte, coa ciencia e co pensamento no ciclo de concertos 'Do Audible'
[23/05/2013] A través de catro sesións, Do Audible ofrece propostas musicais de vangarda que interaccionan con diferentes campos da expresión e do pensamento, como a palabra, o visual, a natureza e a arquitectura. Máis sobre: A música contemporánea dialoga coa arte, coa ciencia e co pensamento no ciclo de concertos 'Do Audible'+
Noticias
O Museo do Mar exhibe unha ampla escolma de pezas significativas do modelismo naval
[22/05/2013] A VII Mostra de Modelismo Naval da Asociación de Modelistas Navais de Galicia (Amonaga) inclúe vinte embarcacións a vela, dezaoito embarcacións tradicionais galegas, nove embarcacións tradicionais do mundo e vinte e oito embarcacións a motor. Máis sobre: O Museo do Mar exhibe unha ampla escolma de pezas significativas do modelismo naval+












