Xunta de Galicia. Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. - Noticias

imaxe referencia para

imaxe referencia para

imaxe referencia para

imaxe referencia para

imaxe referencia para

imaxe referencia para

imaxe referencia para

imaxe referencia para

imaxe referencia para

1 2 3 4 5 6 7 8 9
Xunta de Galicia - Consellería de Cultura e Turismo

Noticias

Noticias: GALICIA CLASSICS

As entradas para os catro próximos concertos do ciclo ‘Galicia Classics’ xa están á venda

[25/02/2011] A Filarmónica de Moscú, o pianista Freddy Kempf, o tenor Gregory Kunde e o barítono Borja Quiza actuarán na Coruña, Santiago e Pontevedra.


Santiago.- Despois do éxito do seu concerto inaugural en Vigo, o ciclo Galicia Classics sigue coa súa actividade con catro novos concertos, para os que xa se poden adquirir as entradas a partir de hoxe. Ás localidades dispoñibles para o concerto que a prestixiosa Filarmónica de Moscú ofrecerá o próximo 31 de marzo na Coruña, súmanse as das actuacións do pianista Freddy Kempf (29 de marzo en Santiago), o barítono Borja Quiza e a soprano Teresa Novoa (27 de maio en Pontevedra) e o tenor Gregory Kunde (28 de maio na Coruña).

A Filarmónica de Moscú, na súa primeira visita a Galicia, actuará no Teatro Colón coruñés xunto ao seu director titular, o ex responsable musical do Teatro Bolshoi, Yuri Simonov. A orquestra ofrecerá un programa con obras de Max Bruch e Sergei Rachmaninov no que se presentará o violinista Valery Oistrakh, neto do célebre David Oistrakh.

Ademais, Santiago de Compostela recibirá o próximo mes a un dos máis brillantes pianistas da Valery Oistrakh, Freddy Kempf, que ofrecerá no Salón Teatro un monográfico dedicado a Franz Liszt, no seu aniversario. As entradas para este concerto pódense adquirir a través da web taquilla/caixagalicia.es ou do teléfono 902434443.

Doutra banda, Pontevedra acollerá o seu primeiro concerto dos dous máis importantes cantantes galegos do momento, o barítono Borja Quizá e a soprano Teresa Novoa, que interpretarán arias de coñecidas óperas e romanzas de zarzuelas xunto á Orquestra Gaos. As localidades para asistir a esta actuación están á venda desde hoxe na web www.servinova.com e no número 902504500.

O Teatro Colón tamén será sede dunha das citas máis esperadas do ciclo de Grandes Voces do Galicia Classics, co regreso do tenor Gregory Kunde, que o ano pasado triunfou de xeito espectacular na ópera Guillaume Tell de Rossini. Kunde, un dos máis aclamados representantes do belcantismo, chegará á cidade de A Coruña despois de acadar un grande éxito no Liceo de Barcelona con Anna Bolena de Donizetti. As entradas están dispoñibles na web taquilla/caixagalicia.es ou no teléfono 902434443.

Galicia Classics é unha iniciativa da Xunta de Galicia, a través da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, coorganizada por Novacaixagalicia. O ciclo recolle a estela do Xacobeo Classics en canto ao esquema da súa programación, e nace co obxectivo de ofertar concertos de primeira calidade para complementar as programacións musicais que xa existen en Galicia, aportando actuacións de primeiro nivel internacional, sen esquecer a música de autores galegos. Entre os artistas que actuarán por primeira vez en Galicia atópanse algúns dos nomes máis destacados da dirección orquestral do momento.

  • Compárteo

  • meneame


Xunta de Galicia. Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia. Aviso legal

Podes subscribirte ás novidades desta web cun lector de feeds

RSS Noticias RSS Axenda