Xunta de Galicia. Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. - Noticias

imaxe referencia para

imaxe referencia para

imaxe referencia para

imaxe referencia para

imaxe referencia para

imaxe referencia para

imaxe referencia para

imaxe referencia para

imaxe referencia para

1 2 3 4 5 6 7 8 9
Xunta de Galicia - Consellería de Cultura e Turismo

Noticias

Noticias: REXISTROS HISTÓRICOS

Máis de 9,3 millóns de persoas vsiitaron Galicia no Ano Santo

[03/02/2011] A Consellería de Cultura e Turismo presentou hoxe ao Consello da Xunta o informe sobre a conxuntura turística de Galicia durante 2010.


f Santiago.- Neste balance conclúese que no ano 2010 visitaron Galicia un total de 9.359.005 persoas, cifra que engloba dous perfís concretos da demanda turística. Téñense en consideración, dunha parte, os viaxeiros aloxados en establecementos regrados e, doutra banda, os excursionistas, isto é, aquelas persoas procedentes das provincias limítrofes con Galicia –Asturias, León e Zamora-, así como os estranxeiros que visitan a nosa comunidade durante un só día, sen pernoitaren. Deste xeito, a cifra de viaxeiros aloxados en establecementos regrados que pernoitaron en Galicia durante o Ano Santo 2010 ascendeu a 4.274.840 persoas. Considéranse establecementos regrados aquelas modalidades de aloxamento colectivo regradas por lei, é dicir, hoteis, pensións, apartamentos turísticos, acampamentos e casas de turismo rural. Preto do 89% deste total de viaxeiros pernoitaron en establecementos hoteleiros e o 11% restante fixérono nalgunha das tipoloxías extrahoteleiras. Doutra banda, os excursionistas cífranse nun total de 5.084.165 persoas.

As cifras anteriores resultan da estimación de diferentes fontes de información. En particular, e para cada un dos segmentos mencionados, utilizáronse os seguintes datos:
-Viaxeiros aloxados nos establecementos regrados: datos obtidos do INE a través de operacións estatísticas destinadas a medir a ocupación nos establecementos hoteleiros e extrahoteleiros.
-Excursionismo nacional: dato provisional estimado a partir da Enquisa de Excursionismo que actualmente desenvolve o IET Galicia.
-Excursionismo internacional: dato proporcionado por FRONTUR (Movemento Turístico en Fronteira), do Instituto de Estudios Turísticos de Turespaña.

Datos establecementos regrados (INE)
En total, durante o ano pasado rexistráronse en Galicia preto de 4,3 millóns de viaxeiros e 9,7 millóns de pernoitas nos diferentes establecementos de aloxamento regrado. O incremento do volume de viaxeiros aloxados en establecementos de oferta regrada a respecto de 2009 é dun 11,4%. As pernoitas tamén aumentaron un 9% respecto ao pasado ano. A comparación respecto do último Xacobeo 2004 reflicte subas do 4,3% máis no caso dos viaxeiros e do 5,1% máis no das pernoitas. Galicia consolídase así como a segunda comunidade máis dinámica e de maior crecemento da demanda turística regrada no conxunto do Estado. Esta conxuntura turística de Galicia mellora o comportamento global do sector a nivel nacional, situándose a nosa Comunidade en segundo lugar, por detrás de Madrid, en termos de crecemento interanual.

O crecemento xeneralizado da demanda turística no conxunto da oferta regrada é unha característica común ás diferentes tipoloxías de aloxamento que conforman este segmento do turismo na nosa comunidade. En particular, rexístrase un incremento importante do volume de viaxeiros tanto nos establecementos hoteleiros como extrahoteleiros, en porcentaxes que acadan o 13% nos hoteis e abeiran o 8 9% nas restantes tipoloxías- pensións, apartamentos turísticos, acampamentos e establecementos de turismo rural.

  • Compárteo

  • meneame


Xunta de Galicia. Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia. Aviso legal

Podes subscribirte ás novidades desta web cun lector de feeds

RSS Noticias RSS Axenda