Noticias
Noticias: AUDIOVISUAL
Cultura asegura a celebración dos premios Mestre Mateo 2011
[31/01/2011] Roberto Varela e representantes da Academia Galega do Audiovisual reuníronse esta tarde para establecer as liñas de traballo en común para 2011.
Santiago.- O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela asegurou esta tarde nunha reunión de traballo co presidente da Academia Galega do Audiovisual, Xosé Manuel Olveira, que os premios Mestre Mateo 2011 contarán co financiamento da Consellería de Cultura e Turismo. Neste encontro tamén participaron o secretario xeral da Consellería de Cultura e Turismo, Antonio Fernández-Campa, o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Juan Carlos F. Fasero e outros representantes da Academia Galega do Audiovisual.
O compromiso do conselleiro de Cultura e Turismo ratifica a implicación da Xunta de Galicia co audiovisual galego. Nesta liña de traballo, a Consellería de Cultura e Turismo prestará o seu apoio as actividades da Academia Galega do Audiovisual como o Foro Academia Aberta que é, xunto cos Premios Mestre Mateo, un dos seus eventos centrais. Trátase da celebración, dende 2003, dunhas xornadas de reflexión e estudo sobre algún aspecto de importancia para o desenvolvemento do audiovisual galego. Dentro das publicacións da Academia destaca asemade ‘Papeis da Academia’, unha síntese do que da de si cada ano no eido audiovisual.
Compárteo
-
- Tweet
-
Noticias
A música contemporánea dialoga coa arte, coa ciencia e co pensamento no ciclo de concertos 'Do Audible'
[23/05/2013] A través de catro sesións, Do Audible ofrece propostas musicais de vangarda que interaccionan con diferentes campos da expresión e do pensamento, como a palabra, o visual, a natureza e a arquitectura. Máis sobre: A música contemporánea dialoga coa arte, coa ciencia e co pensamento no ciclo de concertos 'Do Audible'+
Noticias
O Museo do Mar exhibe unha ampla escolma de pezas significativas do modelismo naval
[22/05/2013] A VII Mostra de Modelismo Naval da Asociación de Modelistas Navais de Galicia (Amonaga) inclúe vinte embarcacións a vela, dezaoito embarcacións tradicionais galegas, nove embarcacións tradicionais do mundo e vinte e oito embarcacións a motor. Máis sobre: O Museo do Mar exhibe unha ampla escolma de pezas significativas do modelismo naval+
Noticias
O calendario das Feiras do Libro de Galicia 2013 chega a Pontevedra
[22/05/2013] A cidade do Lérez acolle esta cita cultural, logo do seu paso por Lugo, ata o 26 de maio. Máis sobre: O calendario das Feiras do Libro de Galicia 2013 chega a Pontevedra+
Noticias
A Fundación Granell dedícalle o seu maratón de lectura a Valle-Inclán
[22/05/2013] O secretario xeral de Cultura leu un fragmento das ‘Sonatas’ de Valle-Inclán, escritor polo que o artista surrealista sentía "unha especial admiración" . Máis sobre: A Fundación Granell dedícalle o seu maratón de lectura a Valle-Inclán+
Noticias
A Xunta e a Asociación Galega de Editores colaboran para impulsar o sector do libro
[22/05/2013] A través dun convenio, a Secretaría Xeral de Cultura apoia a participación das editoriais galegas nas feiras internacionais, a organización de actividades de formación relacionadas co libro dixital e iniciativas como os Premios da Edición. Máis sobre: A Xunta e a Asociación Galega de Editores colaboran para impulsar o sector do libro+












