Axenda
mércores 9 de maio 2012
ILLA DE SAN SIMÓN
Neuromagic 2012
[07/05/2012 16:00 - 10/05/2012 19:00] Durante catro días, a Illa de San Simón será o escenario de Neuromagic 2012. Os enganos da mente.
Neuromagic 2012 estrutúrase a partir de diversos debates liderados por un científico e un mago. O programa complétase coas intervencións dos ilusionistas, que serán analizadas polos expertos nos mecanismos da atención. Tras os coloquios, relatorios e intervencións celebrarase un debate de conclusións para pechar o encontro cun documento que recolla as cuestións fundamentais analizadas no transcurso das sesións.
Documentos
Exposición na Casa da Parra
Exposición 'Confluencias Jaime Quessada / Xaime Quesada Blanco' en Santiago
[12/04/2012 11:00 - 02/09/2012 14:00] Diálogo simbólico entre a obra pictórica de Jaime Quessada (1937-2007) e a do seu fillo, Xaime Quesada Blanco (1975-2006), ao tempo que propón unha reflexión sobre os puntos de encontro entre ambas producións.
Organiza a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Agadic e en colaboración coa Fundación Xaime Quesada Blanco de Ourense.
Horario: De martes a sábado, de 11.00 a 14.00 h e de 16.30 a 20.00 horas; Domingos, de 11.00 a 14.00 horas; Pecha os luns e festivos.
PINTURAS DE RAFEL G. BIANCHI
Rafel G. Bianchi presenta "La bandera en la cima"
[30/03/2012 11:00 - 24/06/2012 20:00] Representación da obra pictórica de Rafel G. Bianchi que nos mostra o alpinismo dende un enfoque artístico. Podemos disfrutar da súa obra no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) ata o 24 de Xuño.
La bandera en la cima é a primeira presentación completa do proxecto que Rafel G. Bianchi iniciou en 2007: pintar de xeito pormenorizado as catorce montañas máis altas do mundo, os catorce oitomiles. Unha xesta que no ámbito do alpinismo está cargada de heroicidade e que na súa repetición como proxecto artístico delata o papel do artista embarcado nunha tarefa absurda.
NOVAS TEORÍAS DE ARTE CONTEMPORÁNEA
Exposición " Gravity & Disgrace EP.I "
[30/03/2012 11:00 - 01/07/2012 20:00] Os últimos conceptos e tendecias en Arte Contemporáneo do panoráma actual. Ata o vindeiro 1 xullo no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Parafraseando o título da exposición Gravity & Grace. The Changing Condition of Sculpture 1965-1975, que tivo lugar en Londres en 1993, Gravity and Disgrace Ep. 1 parte do principio de inestabilidade procesual e teórica que caracteriza a contemporaneidade para suxerir unha reflexión sobre as instancias creativas que representan un mundo en mutación vertixinosa.
Unha das coleccións de arte contemporánea máis importantes
De la generosidad, os fondos da Fundación Helga de Alvear
[23/03/2012 20:00 - 17/06/2012 20:00] Mostra formada por unha selección de fondos da prestixiosa colección da Fundación Helga de Alvear. Ata o vindeiro 17 xuño no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Está composta por 93 pezas de máis de 50 artistas seleccionadas da colección Helga de Alvear. Partindo dun núcleo de obras do modernismo clásico (Morris Louis, Ad Reinhardt, Robert Motherwell, Manuel Rivera, Pablo Palazuelo), a mostra desdóbrase en dous momentos cronoloxicamente consecutivos que, non obstante, dialogan constantemente entre eles.
| 1 | 2
Noticias
Uxía Senlle achegaralles aos máis pequenos a obra de Rosalía a través de 40 concertos en toda Galicia
[21/05/2013] Acompañada de Sérgio Tannus, a coñecida cantante interpretará para os nenos e nenas textos rosalianos no marco da inicitiva 'Rosalía Pequeniña', que a Secretaría Xeral de Política Lingüística levará por 40 concellos da Rede de Dinamización Lingüística. Máis sobre: Uxía Senlle achegaralles aos máis pequenos a obra de Rosalía a través de 40 concertos en toda Galicia+
Noticias
Ovidio Fernández estrea na capital de Galicia o documental 'Shoots fron Abyssinia'
[21/05/2013] Abdul, un rapaz etíope de nacemento e galego de adopción, protagoniza o filme dirixido polo seu pai e rodado durante a súa viaxe ao norte de Etiopía, que se proxectará no Salón Teatro o 23 de maio. Máis sobre: Ovidio Fernández estrea na capital de Galicia o documental 'Shoots fron Abyssinia'+
Noticias
Aberto o prazo de inscrición de espectáculos e concertos para o último cuadrimestre de programación das redes da Agadic
[21/05/2013] As formacións artísticas interesadas teñen de prazo ata o 28 de maio para presentar as súas propostas á Rede Galega de Teatros e Auditorios, á Rede Galega de Salas e á Rede Galega de Música ao Vivo. Máis sobre: Aberto o prazo de inscrición de espectáculos e concertos para o último cuadrimestre de programación das redes da Agadic+











