Axenda
martes 8 de maio 2012
ARTE CONTEMPORÁNEA
Ciclo de visitas guiadas ao CGAC
[08/05/2012 19:00 - 21:00] O Centro Galego de Arte Contemporánea retoma o Ciclo de visitas guiadas por profesionais.
Entre os meses de abril e xuño as exposicións "De la generosidad. Fondos da colección Helga de Alvear", "La bandera en la cima. Rafel G. Bianchi" e "Gravity & Disgrace Ep. I" serán analizadas por historiadores, críticos, fotógrafos, comisarios, escritores e galeristas.
Próxima visita: 8 maio, 19:00 horas. Silvia García (profesora da Facultad de Belas Artes da Universidade de Vigo).
ILLA DE SAN SIMÓN
Neuromagic 2012
[07/05/2012 16:00 - 10/05/2012 19:00] Durante catro días, a Illa de San Simón será o escenario de Neuromagic 2012. Os enganos da mente.
Neuromagic 2012 estrutúrase a partir de diversos debates liderados por un científico e un mago. O programa complétase coas intervencións dos ilusionistas, que serán analizadas polos expertos nos mecanismos da atención. Tras os coloquios, relatorios e intervencións celebrarase un debate de conclusións para pechar o encontro cun documento que recolla as cuestións fundamentais analizadas no transcurso das sesións.
Documentos
Exposición na Casa da Parra
Exposición 'Confluencias Jaime Quessada / Xaime Quesada Blanco' en Santiago
[12/04/2012 11:00 - 02/09/2012 14:00] Diálogo simbólico entre a obra pictórica de Jaime Quessada (1937-2007) e a do seu fillo, Xaime Quesada Blanco (1975-2006), ao tempo que propón unha reflexión sobre os puntos de encontro entre ambas producións.
Organiza a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Agadic e en colaboración coa Fundación Xaime Quesada Blanco de Ourense.
Horario: De martes a sábado, de 11.00 a 14.00 h e de 16.30 a 20.00 horas; Domingos, de 11.00 a 14.00 horas; Pecha os luns e festivos.
PINTURAS DE RAFEL G. BIANCHI
Rafel G. Bianchi presenta "La bandera en la cima"
[30/03/2012 11:00 - 24/06/2012 20:00] Representación da obra pictórica de Rafel G. Bianchi que nos mostra o alpinismo dende un enfoque artístico. Podemos disfrutar da súa obra no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) ata o 24 de Xuño.
La bandera en la cima é a primeira presentación completa do proxecto que Rafel G. Bianchi iniciou en 2007: pintar de xeito pormenorizado as catorce montañas máis altas do mundo, os catorce oitomiles. Unha xesta que no ámbito do alpinismo está cargada de heroicidade e que na súa repetición como proxecto artístico delata o papel do artista embarcado nunha tarefa absurda.
NOVAS TEORÍAS DE ARTE CONTEMPORÁNEA
Exposición " Gravity & Disgrace EP.I "
[30/03/2012 11:00 - 01/07/2012 20:00] Os últimos conceptos e tendecias en Arte Contemporáneo do panoráma actual. Ata o vindeiro 1 xullo no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Parafraseando o título da exposición Gravity & Grace. The Changing Condition of Sculpture 1965-1975, que tivo lugar en Londres en 1993, Gravity and Disgrace Ep. 1 parte do principio de inestabilidade procesual e teórica que caracteriza a contemporaneidade para suxerir unha reflexión sobre as instancias creativas que representan un mundo en mutación vertixinosa.
| 1 | 2
Noticias
A apertura do Festival de Cans ofrece a estrea en Galicia do filme ‘Somos xente honrada’
[24/05/2013] A primeira longametraxe do director vigués Alejandro Marzoa contou cunha achega económica da Consellería a través das axudas á produción audiovisual da Agadic, que patrocina tamén o certame que se celebra ata o sábado no Porriño. Máis sobre: A apertura do Festival de Cans ofrece a estrea en Galicia do filme ‘Somos xente honrada’+
Noticias
Os ámbitos empresarial e creativo centran as xornadas Economía e Cultura no Gaiás
[24/05/2013] Co obxectivo de favorecer a profesionalización do sector cultural, abordaranse en cinco sesións aspectos como os novos mercados, o autoemprego, as funcións do artista e do empresario, os novos formatos culturais ou os avances tecnolóxicos. Máis sobre: Os ámbitos empresarial e creativo centran as xornadas Economía e Cultura no Gaiás+
Noticias
aCentral Folque organiza un concerto especial no Salón Teatro a prol do seu centro de estudos de música popular galega
[24/05/2013] Guadi Galego, a Ensemble Vocal de Davide Salvado e Paulina Ceremuzynska ou Os Cempés son algúns dos artistas que compartirán escenario con profesores e alumnos do centro docente compostelán. Máis sobre: aCentral Folque organiza un concerto especial no Salón Teatro a prol do seu centro de estudos de música popular galega+












