Xunta de Galicia. Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. - Axenda

imaxe referencia para

imaxe referencia para

imaxe referencia para

imaxe referencia para

imaxe referencia para

imaxe referencia para

imaxe referencia para

imaxe referencia para

imaxe referencia para

1 2 3 4 5 6 7 8 9
Xunta de Galicia - Consellería de Cultura e Turismo

Axenda

xoves 31 de maio 2012

Exposición na Casa da Parra

Exposición 'Confluencias Jaime Quessada / Xaime Quesada Blanco' en Santiago

[12/04/2012 11:00 - 02/09/2012 14:00] Diálogo simbólico entre a obra pictórica de Jaime Quessada (1937-2007) e a do seu fillo, Xaime Quesada Blanco (1975-2006), ao tempo que propón unha reflexión sobre os puntos de encontro entre ambas producións.


Confluencias Organiza a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Agadic e en colaboración coa Fundación Xaime Quesada Blanco de Ourense.

Horario: De martes a sábado, de 11.00 a 14.00 h e de 16.30 a 20.00 horas; Domingos, de 11.00 a 14.00 horas; Pecha os luns e festivos.

PINTURAS DE RAFEL G. BIANCHI

Rafel G. Bianchi presenta "La bandera en la cima"

[30/03/2012 11:00 - 24/06/2012 20:00] Representación da obra pictórica de Rafel G. Bianchi que nos mostra o alpinismo dende un enfoque artístico. Podemos disfrutar da súa obra no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) ata o 24 de Xuño.


Bianchi La bandera en la cima é a primeira presentación completa do proxecto que Rafel G. Bianchi iniciou en 2007: pintar de xeito pormenorizado as catorce montañas máis altas do mundo, os catorce oitomiles. Unha xesta que no ámbito do alpinismo está cargada de heroicidade e que na súa repetición como proxecto artístico delata o papel do artista embarcado nunha tarefa absurda.

NOVAS TEORÍAS DE ARTE CONTEMPORÁNEA

Exposición " Gravity & Disgrace EP.I "

[30/03/2012 11:00 - 01/07/2012 20:00] Os últimos conceptos e tendecias en Arte Contemporáneo do panoráma actual. Ata o vindeiro 1 xullo no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.


Gravity Parafraseando o título da exposición Gravity & Grace. The Changing Condition of Sculpture 1965-1975, que tivo lugar en Londres en 1993, Gravity and Disgrace Ep. 1 parte do principio de inestabilidade procesual e teórica que caracteriza a contemporaneidade para suxerir unha reflexión sobre as instancias creativas que representan un mundo en mutación vertixinosa.

Unha das coleccións de arte contemporánea máis importantes

De la generosidad, os fondos da Fundación Helga de Alvear

[23/03/2012 20:00 - 17/06/2012 20:00] Mostra formada por unha selección de fondos da prestixiosa colección da Fundación Helga de Alvear. Ata o vindeiro 17 xuño no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.


Imaxe Está composta por 93 pezas de máis de 50 artistas seleccionadas da colección Helga de Alvear. Partindo dun núcleo de obras do modernismo clásico (Morris Louis, Ad Reinhardt, Robert Motherwell, Manuel Rivera, Pablo Palazuelo), a mostra desdóbrase en dous momentos cronoloxicamente consecutivos que, non obstante, dialogan constantemente entre eles.

Fotografías de Chema Madoz

Ars Combinatoria

[14/03/2012 20:00 - 24/06/2012 20:00] A exposición ofrecerá un extenso percorrido, a través de 70 imaxes, polo traballo de Chema Madoz, un dos creadores máis interesantes da escena artística contemporánea.


Ars Combinatoria A exposición presenta un extenso percorrido polo traballo de Chema Madoz. Aborda a traxectoria do artista no seu conxunto, ofrecendo unha ampla panorámica dos diversos estadios polo que pasou a súa obra até o momento, así como da súa evolución e o cambio dos obxectos que chamaron a súa atención.

Oliva María Rubio, comisaria da exposición.

| 1





Xunta de Galicia. Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia. Aviso legal

Podes subscribirte ás novidades desta web cun lector de feeds

RSS Noticias RSS Axenda