Axenda
domingo 27 de maio 2012
GALICIA CLASSICS
Galicia Classics: Grupo Instrumental Siglo XX
[27/05/2012 00:00 - 01:30] Nova entrega do ciclo Galicia Classics da man do Grupo Instrumental Siglo XX na Aula de Cultura de Betanzos.
Baixo a dirección de Florian Vlashi, o Grupo Instrumental S.XX interpretará un programa en homenaxe e lembranza ao compositor betanceiro Carlos López García-Picos, falecido en 2009. Organizado en colaboración cos Asociación Galega de Compositores, da que López García-Picos era socio fundador, este tributo consistirá na estrea de varias pezas dalgúns dos máis sinalados compositores galegos actuais a través das que se buscará establecer un diálogo coa obra do autor de Betanzos.
AGADIC
IX Festival de Cans
[23/05/2012 17:30 - 27/05/2012 05:00] Novena edición do Festival de Cans, que se celebra desde o 23 ata o 26 de maio no concello do Porriño.
Inclúe catro días de programación con curtas, longametraxes, imaxes inéditas, xéneros novos (web series, cine mudo etc.) e máis de 20 actuacións musicais de todos os estilos.
No musical, destaca o especial Aerolíneas Federales e a presentación do novo disco de Xoel López.
En canto aos nomes propios, Isabel Coixet, Antón Reixa, Sandra Sánchez, Ángel de la Cruz, Morris, Chete Lera, Celso Bugallo ou Mabel Rivera.
Documentos
SALÓN TEATRO
XIII Mostra de Teatro Universitario de Galicia
[21/05/2012 21:30 - 30/05/2012 21:30] Organizada pola Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela, amosa os últimos traballos escénicos das diferentes compañías universitarias galegas.
O Centro Dramático Galego (CDG) repite como sede principal desta mostra e, xunto co Teatro Principal e a Sala de Teatro Roberto Vidal Bolaño do Campus Sur, ofrece un amplo programa configurado polos traballos escénicos que as diversas compañías da USC, ademais das convidadas das universidades de Vigo e da Coruña, estiveron preparando durante este curso académico.
Todos os espectáculos dan comezo ás 21.00 horas. As entradas para asistir ás súas representacións no Salón Teatro son de balde, previo paso polo despacho de billetes, que permanecerá aberto desde as 19.30 horas.
Ligazóns
Exposición na Casa da Parra
Exposición 'Confluencias Jaime Quessada / Xaime Quesada Blanco' en Santiago
[12/04/2012 11:00 - 02/09/2012 14:00] Diálogo simbólico entre a obra pictórica de Jaime Quessada (1937-2007) e a do seu fillo, Xaime Quesada Blanco (1975-2006), ao tempo que propón unha reflexión sobre os puntos de encontro entre ambas producións.
Organiza a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Agadic e en colaboración coa Fundación Xaime Quesada Blanco de Ourense.
Horario: De martes a sábado, de 11.00 a 14.00 h e de 16.30 a 20.00 horas; Domingos, de 11.00 a 14.00 horas; Pecha os luns e festivos.
PINTURAS DE RAFEL G. BIANCHI
Rafel G. Bianchi presenta "La bandera en la cima"
[30/03/2012 11:00 - 24/06/2012 20:00] Representación da obra pictórica de Rafel G. Bianchi que nos mostra o alpinismo dende un enfoque artístico. Podemos disfrutar da súa obra no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) ata o 24 de Xuño.
La bandera en la cima é a primeira presentación completa do proxecto que Rafel G. Bianchi iniciou en 2007: pintar de xeito pormenorizado as catorce montañas máis altas do mundo, os catorce oitomiles. Unha xesta que no ámbito do alpinismo está cargada de heroicidade e que na súa repetición como proxecto artístico delata o papel do artista embarcado nunha tarefa absurda.
| 1 | 2
Noticias
Roteiros a pé e visitas astronómicas para gozar da Cidade da Cultura durante o verán
[18/06/2013] Os programas 'Camiño ao Gaiás' e 'Astronomía. Un novo lugar para ver o ceo' ofrecen actividades de balde que combinan lecer, deporte e coñecemento. Máis sobre: Roteiros a pé e visitas astronómicas para gozar da Cidade da Cultura durante o verán+
Noticias
Galicia e Portugal poñen en marcha o seu primeiro circuíto de intercambio teatral
[18/06/2013] O programa 'Troco x troco' levará ata o país veciño os novos espectáculos de Teatro do Noroeste, Teatro do Morcego, Teatro do Atlántico e Sarabela Teatro traerá a Galicia as montaxes das compañías residentes en Braga, Coimbra, Évora e Porto. Máis sobre: Galicia e Portugal poñen en marcha o seu primeiro circuíto de intercambio teatral+
Noticias
A xira galega do espectáculo de Amancio Prada 'A Rosalía de Federico' arranca o 21 de xuño en Ourense
[18/06/2013] O cantautor propón un diálogo escénico entre os dous escritores que percorrerá ata setembro as localidades de Ourense, A Estrada, Vigo, A Coruña, Salvaterra de Miño e Lalín. Máis sobre: A xira galega do espectáculo de Amancio Prada 'A Rosalía de Federico' arranca o 21 de xuño en Ourense+












