Axenda
mércores 23 de maio 2012
AGADIC
IX Festival de Cans
[23/05/2012 17:30 - 27/05/2012 05:00] Novena edición do Festival de Cans, que se celebra desde o 23 ata o 26 de maio no concello do Porriño.
Inclúe catro días de programación con curtas, longametraxes, imaxes inéditas, xéneros novos (web series, cine mudo etc.) e máis de 20 actuacións musicais de todos os estilos.
No musical, destaca o especial Aerolíneas Federales e a presentación do novo disco de Xoel López.
En canto aos nomes propios, Isabel Coixet, Antón Reixa, Sandra Sánchez, Ángel de la Cruz, Morris, Chete Lera, Celso Bugallo ou Mabel Rivera.
Documentos
CGAC
Seminario Canles Alternativas de creación
[23/05/2012 16:30 - 25/05/2012 18:30] Desenvólvese no marco do proxecto de investigación Canles alternativas de creación experimental. O eixo atlántico (1975-2012), e é resultado da colaboración entre o grupo de investigación Arte e Estética Contemporáneas, da Universidade de Santiago de Compostela, e o Centro Galego de Arte Contemporánea.
O seu obxectivo é indagar nas propostas alternativas que se desenvolveron en Galicia e no norte de Portugal dende os anos setenta ata a actualidade.
Este foro está destinado a estudantes, profesionais e persoas interesadas nos ámbitos da creación artística, a historia da arte e a xestión cultural.
As solicitudes para asistir pódense presentar na recepción do CGAC, chamando aos teléfonos do Servizo de Actividades e Proxectos Educativos ou ben a través do correo electrónico cgac.actividades@xunta.es.
SALÓN TEATRO
XIII Mostra de Teatro Universitario de Galicia
[21/05/2012 21:30 - 30/05/2012 21:30] Organizada pola Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela, amosa os últimos traballos escénicos das diferentes compañías universitarias galegas.
O Centro Dramático Galego (CDG) repite como sede principal desta mostra e, xunto co Teatro Principal e a Sala de Teatro Roberto Vidal Bolaño do Campus Sur, ofrece un amplo programa configurado polos traballos escénicos que as diversas compañías da USC, ademais das convidadas das universidades de Vigo e da Coruña, estiveron preparando durante este curso académico.
Todos os espectáculos dan comezo ás 21.00 horas. As entradas para asistir ás súas representacións no Salón Teatro son de balde, previo paso polo despacho de billetes, que permanecerá aberto desde as 19.30 horas.
Ligazóns
Exposición na Casa da Parra
Exposición 'Confluencias Jaime Quessada / Xaime Quesada Blanco' en Santiago
[12/04/2012 11:00 - 02/09/2012 14:00] Diálogo simbólico entre a obra pictórica de Jaime Quessada (1937-2007) e a do seu fillo, Xaime Quesada Blanco (1975-2006), ao tempo que propón unha reflexión sobre os puntos de encontro entre ambas producións.
Organiza a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Agadic e en colaboración coa Fundación Xaime Quesada Blanco de Ourense.
Horario: De martes a sábado, de 11.00 a 14.00 h e de 16.30 a 20.00 horas; Domingos, de 11.00 a 14.00 horas; Pecha os luns e festivos.
PINTURAS DE RAFEL G. BIANCHI
Rafel G. Bianchi presenta "La bandera en la cima"
[30/03/2012 11:00 - 24/06/2012 20:00] Representación da obra pictórica de Rafel G. Bianchi que nos mostra o alpinismo dende un enfoque artístico. Podemos disfrutar da súa obra no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) ata o 24 de Xuño.
La bandera en la cima é a primeira presentación completa do proxecto que Rafel G. Bianchi iniciou en 2007: pintar de xeito pormenorizado as catorce montañas máis altas do mundo, os catorce oitomiles. Unha xesta que no ámbito do alpinismo está cargada de heroicidade e que na súa repetición como proxecto artístico delata o papel do artista embarcado nunha tarefa absurda.
| 1 | 2
Noticias
O libro galego amplía a súa participación do sector en feiras internacionais
[22/05/2013] O conselleiro e o presidente da Asociación Galega de Editores asinaron hoxe un convenio de colaboración a través do cal se amplía a presenza das obras e das editoriais galegas á feira do libro de Frankfurt, e se continúa a participar nas de Madrid, Barcelona, Boloña, e Guadalaxara. Máis sobre: O libro galego amplía a súa participación do sector en feiras internacionais+
Noticias
Arranca na Coruña o II Festival Arte pola Igualdade
[22/05/2013] Alumnado do Centro de Educación Especial María Mariño e do Conservatorio Profesional de Música da Coruña participan na iniciativa. Máis sobre: Arranca na Coruña o II Festival Arte pola Igualdade+
Noticias
'Dias sen gloria' de Roberto Vidal Bolaño chega a Narón da man do Centro Dramático Galego
[22/05/2013] O Pazo da Cultura da localidade coruñesa acollerá este sábado 25 ás 20:00 horas unha función para público xeral, que virá precedida da que se desenvolverá o venres pola mañá para os escolares da comarca de Ferrolterra. Máis sobre: 'Dias sen gloria' de Roberto Vidal Bolaño chega a Narón da man do Centro Dramático Galego+











