Xunta de Galicia. Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. - Axenda

imaxe referencia para

imaxe referencia para

imaxe referencia para

imaxe referencia para

imaxe referencia para

imaxe referencia para

imaxe referencia para

imaxe referencia para

imaxe referencia para

1 2 3 4 5 6 7 8 9
Xunta de Galicia - Consellería de Cultura e Turismo

Axenda

venres 18 de maio 2012

CGAC

Música e arte. Correspondencias sonoras

[18/05/2012 22:45 - 23:45] Trata de vincular a música contemporánea con cada unha das exposicións programadas no CGAC.


Música e Arte O ciclo iníciase o Día Internacional dos Museos, o 18 de maio ás 22:45 horas, co concerto A inspiración da luz, que servirá de preámbulo aos outros catro concertos, os que contarán con trece estreas absolutas e diversas actividades paralelas.

Concerto, organizado en colaboración co Museo do Pobo Galego

A entrada é de balde e limitada á capacidade da sala.

CGAC e MPG

Día Internacional dos Museos

[18/05/2012 22:00 - 19/05/2012 00:00] O CGAC e o Museo do Pobo Galego celebran o Día Internacional dos Museos, cun horario especial dende as 22:00 ás 00:00 horas, ofertado propostas musicais en cada un dos dous espazos.


Concerto CGAC O primeiro concerto terá lugar no Museo do Pobo Galego, ás 22:00 horas, a cargo de AMP. A continuación, ás 22:45 horas, o Centro Galego de Arte Contemporánea acolle o concerto A inspiración da luz. Vertixe Sonora.

Máis información:
CGAC Museo do Pobo Galego

AGADIC

X Festival Reperkusión

[17/05/2012 12:00 - 20/05/2012 06:00] O Festival Reperkusión celebra a súa décima edición do 17 ao 19 de maio na Cidade dos Muchachos de Bemposta (Ourense).


Manu Chao Serán tres días e case 72 horas de programación multidisciplinar, con 35 actuacións de música e circo que terán o seu punto álxido nos dous concertos que Manu Chao La Ventura ofrecerá na carpa central nas noites do xoves e o sábado.

Artistas: Os Trebóns, Manu Chao La Ventura, Kiril Dzajkovski, Funky Style Brass, Hadri Hache, El Canijo de Jerez + Tomasito, Dubioza Kolektiv, Russkaja, Bohemian Betyars, Funkombo, La Troba Kung-Fú, Festicultores Troupe, Gambeat Experience

Documentos

Exposición na Casa da Parra

Exposición 'Confluencias Jaime Quessada / Xaime Quesada Blanco' en Santiago

[12/04/2012 11:00 - 02/09/2012 14:00] Diálogo simbólico entre a obra pictórica de Jaime Quessada (1937-2007) e a do seu fillo, Xaime Quesada Blanco (1975-2006), ao tempo que propón unha reflexión sobre os puntos de encontro entre ambas producións.


Confluencias Organiza a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Agadic e en colaboración coa Fundación Xaime Quesada Blanco de Ourense.

Horario: De martes a sábado, de 11.00 a 14.00 h e de 16.30 a 20.00 horas; Domingos, de 11.00 a 14.00 horas; Pecha os luns e festivos.

PINTURAS DE RAFEL G. BIANCHI

Rafel G. Bianchi presenta "La bandera en la cima"

[30/03/2012 11:00 - 24/06/2012 20:00] Representación da obra pictórica de Rafel G. Bianchi que nos mostra o alpinismo dende un enfoque artístico. Podemos disfrutar da súa obra no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) ata o 24 de Xuño.


Bianchi La bandera en la cima é a primeira presentación completa do proxecto que Rafel G. Bianchi iniciou en 2007: pintar de xeito pormenorizado as catorce montañas máis altas do mundo, os catorce oitomiles. Unha xesta que no ámbito do alpinismo está cargada de heroicidade e que na súa repetición como proxecto artístico delata o papel do artista embarcado nunha tarefa absurda.

| 1 | 2





Xunta de Galicia. Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia. Aviso legal

Podes subscribirte ás novidades desta web cun lector de feeds

RSS Noticias RSS Axenda