Xunta de Galicia. Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. - Axenda

imaxe referencia para

imaxe referencia para

imaxe referencia para

imaxe referencia para

imaxe referencia para

imaxe referencia para

imaxe referencia para

imaxe referencia para

imaxe referencia para

1 2 3 4 5 6 7 8 9
Xunta de Galicia - Consellería de Cultura e Turismo

Axenda

sábado 12 de maio 2012

LITERATURA

Galicia, Ceo das Letras 2012: Jorge Amado

[12/05/2012 12:00 - 14:00] Volven os sábados de autor no seu formato charla e actuación artística. Seis sesións ata final de ano dan forma ao ciclo "Galicia, Ceo das Letras".


Jorge Amado Novelista, xornalista e memorialista, Jorge Amado é con certeza o escritor brasileiro de maior proxección universal. Programa:

- 12:00 horas: Relatorio: Basilio Losada
- 13:00 horas: Jorge Amado no cinema (50')

Presenta José Manuel Sande, responsable de programación do Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI).

SALÓN TEATRO

Winnie son eu

[11/05/2012 20:30 - 13/05/2012 18:00] Como conmemoración do cincuenta aniversario da creación de 'Happy Days' de Samuel Beckett, Pífano Teatro produce o texto de María Armesto 'Winnie son eu'.


Winnie son eu O espectáculo titulado Winnie son eu aborda, desde a perspectiva do teatro do absurdo e co seu humor implacable, o tema da soidade e da inmobilidade das persoas e a súa loita desesperada e cómica por intentar comunicarse e avanzar.

Autoría e dirección: María Armesto
Elenco: Mela Casal, Xavier Picallo, María Armesto e Marcos Sánchez Armesto

Funcións: 11 e 12 de maio, ás 20:30 horas; e 13 de maio, ás 18:00 horas.

Exposición na Casa da Parra

Exposición 'Confluencias Jaime Quessada / Xaime Quesada Blanco' en Santiago

[12/04/2012 11:00 - 02/09/2012 14:00] Diálogo simbólico entre a obra pictórica de Jaime Quessada (1937-2007) e a do seu fillo, Xaime Quesada Blanco (1975-2006), ao tempo que propón unha reflexión sobre os puntos de encontro entre ambas producións.


Confluencias Organiza a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Agadic e en colaboración coa Fundación Xaime Quesada Blanco de Ourense.

Horario: De martes a sábado, de 11.00 a 14.00 h e de 16.30 a 20.00 horas; Domingos, de 11.00 a 14.00 horas; Pecha os luns e festivos.

PINTURAS DE RAFEL G. BIANCHI

Rafel G. Bianchi presenta "La bandera en la cima"

[30/03/2012 11:00 - 24/06/2012 20:00] Representación da obra pictórica de Rafel G. Bianchi que nos mostra o alpinismo dende un enfoque artístico. Podemos disfrutar da súa obra no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) ata o 24 de Xuño.


Bianchi La bandera en la cima é a primeira presentación completa do proxecto que Rafel G. Bianchi iniciou en 2007: pintar de xeito pormenorizado as catorce montañas máis altas do mundo, os catorce oitomiles. Unha xesta que no ámbito do alpinismo está cargada de heroicidade e que na súa repetición como proxecto artístico delata o papel do artista embarcado nunha tarefa absurda.

NOVAS TEORÍAS DE ARTE CONTEMPORÁNEA

Exposición " Gravity & Disgrace EP.I "

[30/03/2012 11:00 - 01/07/2012 20:00] Os últimos conceptos e tendecias en Arte Contemporáneo do panoráma actual. Ata o vindeiro 1 xullo no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.


Gravity Parafraseando o título da exposición Gravity & Grace. The Changing Condition of Sculpture 1965-1975, que tivo lugar en Londres en 1993, Gravity and Disgrace Ep. 1 parte do principio de inestabilidade procesual e teórica que caracteriza a contemporaneidade para suxerir unha reflexión sobre as instancias creativas que representan un mundo en mutación vertixinosa.

| 1 | 2





Xunta de Galicia. Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia. Aviso legal

Podes subscribirte ás novidades desta web cun lector de feeds

RSS Noticias RSS Axenda