Axenda
venres 11 de maio 2012
SALÓN TEATRO
Winnie son eu
[11/05/2012 20:30 - 13/05/2012 18:00] Como conmemoración do cincuenta aniversario da creación de 'Happy Days' de Samuel Beckett, Pífano Teatro produce o texto de María Armesto 'Winnie son eu'.
O espectáculo titulado Winnie son eu aborda, desde a perspectiva do teatro do absurdo e co seu humor implacable, o tema da soidade e da inmobilidade das persoas e a súa loita desesperada e cómica por intentar comunicarse e avanzar.
Autoría e dirección: María Armesto
Elenco: Mela Casal, Xavier Picallo, María Armesto e Marcos Sánchez Armesto
Funcións: 11 e 12 de maio, ás 20:30 horas; e 13 de maio, ás 18:00 horas.
CIDADE DA CULTURA
La Ventana, con Genma Nierga
[11/05/2012 16:00 - 19:00] La Ventana, o popular programa da Cadena Ser que cada tarde conduce a xornalista Genma Nierga, chega este venres 11 de maio á Cidade da Cultura.
O edificio de Servizos Centrais transfórmase nun estudo radiofónico polo que pasarán algún dos colaboradores habituais de Genma como Paco Lobatón, Ignacio Escolar ou Xosé Hermida.
La Ventana contará con tres convidados de excepción: o recentemente nomeado presidente da SGAE, Antón Reixa; o cantautor e compositor José Luis Perales; e o músico galego Xoel López, que tocará en directo algún temas do seu novo disco "Atlántico".
Entrada libre e de balde. Aforo: 270 persoas
Centro Coreográfico e a compañía Contra2
Gharbo!
[10/05/2012 20:30 - 11/05/2012 20:30] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria apoia, a través da coprodución co Centro Coreográfico Galego (CCG), a estrea e difusión de Gharbo!.
Gharbo! fusiona a música e a danza tradicional coas novas formas musicais e de movemento máis experimentais.
Compañía: Contra2
Bailaríns: Iván Villar, Nelson Quinteiro, Pastor Rodríguez Feal
Músicos: Nelson Quinteiro, Xosé Lois Romero, Suso Vaamonde, Ricardo Rozas
Exposición na Casa da Parra
Exposición 'Confluencias Jaime Quessada / Xaime Quesada Blanco' en Santiago
[12/04/2012 11:00 - 02/09/2012 14:00] Diálogo simbólico entre a obra pictórica de Jaime Quessada (1937-2007) e a do seu fillo, Xaime Quesada Blanco (1975-2006), ao tempo que propón unha reflexión sobre os puntos de encontro entre ambas producións.
Organiza a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Agadic e en colaboración coa Fundación Xaime Quesada Blanco de Ourense.
Horario: De martes a sábado, de 11.00 a 14.00 h e de 16.30 a 20.00 horas; Domingos, de 11.00 a 14.00 horas; Pecha os luns e festivos.
PINTURAS DE RAFEL G. BIANCHI
Rafel G. Bianchi presenta "La bandera en la cima"
[30/03/2012 11:00 - 24/06/2012 20:00] Representación da obra pictórica de Rafel G. Bianchi que nos mostra o alpinismo dende un enfoque artístico. Podemos disfrutar da súa obra no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) ata o 24 de Xuño.
La bandera en la cima é a primeira presentación completa do proxecto que Rafel G. Bianchi iniciou en 2007: pintar de xeito pormenorizado as catorce montañas máis altas do mundo, os catorce oitomiles. Unha xesta que no ámbito do alpinismo está cargada de heroicidade e que na súa repetición como proxecto artístico delata o papel do artista embarcado nunha tarefa absurda.
| 1 | 2
Noticias
Os versos de Rosalía de Castro chegan aos escenarios coa peza teatral 'Os cantares das musas'
[16/05/2013] A montaxe de Sarabela Teatro inicia a súa xira por Galicia o vindeiro 24 de maio no Teatro Principal de Ourense e percorrerá as catro provincias ata xuño. Máis sobre: Os versos de Rosalía de Castro chegan aos escenarios coa peza teatral 'Os cantares das musas'+
Noticias
Celebración da Noite dos museos en Viladonga, con actividades lúdicas e culturais e unha visita nocturna ao castro
[16/05/2013] O programa de actividades, no que colaboran a Asociación de Amigos do Castro de Viladonga e o concello de Castro de Rei, da comezo coa inauguración dunha exposición fotográfica. Máis sobre: Celebración da Noite dos museos en Viladonga, con actividades lúdicas e culturais e unha visita nocturna ao castro+
Noticias
Sete produtores galegas están presentes no Marché du Film do Festival de Cannes
[16/05/2013] A Agadic apoia a súa participación no que é o primeiro mercado cinematográfico internacional, que se desenvolve ata o día 24 no marco do prestixioso festival da cidade francesa. Máis sobre: Sete produtores galegas están presentes no Marché du Film do Festival de Cannes+











