Xunta de Galicia. Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. - Axenda

imaxe referencia para

imaxe referencia para

imaxe referencia para

imaxe referencia para

imaxe referencia para

imaxe referencia para

imaxe referencia para

imaxe referencia para

1 2 3 4 5 6 7 8
Xunta de Galicia - Consellería de Cultura e Turismo

Axenda

xoves 10 de maio 2012

Ciclo ST Música Presente

Borja Cao Trío

[10/05/2012 21:00 - 23:00] Borja Cao presenta o seu segundo traballo The future is green no que mestura sons clásicos do jazz con músicas tropicais e ritmos electrónicos.


Borja Cao Coa colaboración de Max Gómez á batería e a incorporación de Juansi Santomé ao contrabaixo, este trío continúa a súa andaina xunto co selo Audia Records que segue co seu labor de dar a coñecer facetas do novo jazz feito en Galicia.

O primeiro traballo deste pianista ourensán, exemplo do emerxente jazz galego, saíu á rúa baixo o nome de Match-ball.

Centro Coreográfico e a compañía Contra2

Gharbo!

[10/05/2012 20:30 - 11/05/2012 20:30] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria apoia, a través da coprodución co Centro Coreográfico Galego (CCG), a estrea e difusión de Gharbo!.


Gharbo! Gharbo! fusiona a música e a danza tradicional coas novas formas musicais e de movemento máis experimentais.

Compañía: Contra2
Bailaríns: Iván Villar, Nelson Quinteiro, Pastor Rodríguez Feal
Músicos: Nelson Quinteiro, Xosé Lois Romero, Suso Vaamonde, Ricardo Rozas

ILLA DE SAN SIMÓN

Neuromagic 2012

[07/05/2012 16:00 - 10/05/2012 19:00] Durante catro días, a Illa de San Simón será o escenario de Neuromagic 2012. Os enganos da mente.


Neuromagic 2012 Neuromagic 2012 estrutúrase a partir de diversos debates liderados por un científico e un mago. O programa complétase coas intervencións dos ilusionistas, que serán analizadas polos expertos nos mecanismos da atención. Tras os coloquios, relatorios e intervencións celebrarase un debate de conclusións para pechar o encontro cun documento que recolla as cuestións fundamentais analizadas no transcurso das sesións.

Documentos

Exposición na Casa da Parra

Exposición 'Confluencias Jaime Quessada / Xaime Quesada Blanco' en Santiago

[12/04/2012 11:00 - 02/09/2012 14:00] Diálogo simbólico entre a obra pictórica de Jaime Quessada (1937-2007) e a do seu fillo, Xaime Quesada Blanco (1975-2006), ao tempo que propón unha reflexión sobre os puntos de encontro entre ambas producións.


Confluencias Organiza a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Agadic e en colaboración coa Fundación Xaime Quesada Blanco de Ourense.

Horario: De martes a sábado, de 11.00 a 14.00 h e de 16.30 a 20.00 horas; Domingos, de 11.00 a 14.00 horas; Pecha os luns e festivos.

PINTURAS DE RAFEL G. BIANCHI

Rafel G. Bianchi presenta "La bandera en la cima"

[30/03/2012 11:00 - 24/06/2012 20:00] Representación da obra pictórica de Rafel G. Bianchi que nos mostra o alpinismo dende un enfoque artístico. Podemos disfrutar da súa obra no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) ata o 24 de Xuño.


Bianchi La bandera en la cima é a primeira presentación completa do proxecto que Rafel G. Bianchi iniciou en 2007: pintar de xeito pormenorizado as catorce montañas máis altas do mundo, os catorce oitomiles. Unha xesta que no ámbito do alpinismo está cargada de heroicidade e que na súa repetición como proxecto artístico delata o papel do artista embarcado nunha tarefa absurda.

| 1 | 2





Xunta de Galicia. Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia. Aviso legal

Podes subscribirte ás novidades desta web cun lector de feeds

RSS Noticias RSS Axenda