Xunta de Galicia. Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. - Axenda

imaxe referencia para

imaxe referencia para

imaxe referencia para

imaxe referencia para

imaxe referencia para

imaxe referencia para

imaxe referencia para

imaxe referencia para

imaxe referencia para

1 2 3 4 5 6 7 8 9
Xunta de Galicia - Consellería de Cultura e Turismo

Retroceder MES xuño Avanzar MES Retorceder ANO 2013 Avanzar ANO
          1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30

Axenda

xoves 20 de xuño 2013

CGAC. Santiago | multidisciplinar

Nerd Nites

[20/06/2013 22:00 - 23:30] Sesións de conversas sobre política, medicina, literatura, arte, física ou matemáticas que se levan a cabo no Kuinart, a cafetería do CGAC.


Nerd Nites As persoas que interveñen nas sesións, conxugan unha traxectoria académica brillante e unha gran capacidade comunicativa, requisitos esenciais para participar nesta iniciativa, que unha vez ao mes aglutinou nun local de ocio da cidade tres charlas, cada unha delas de 15 minutos, de temáticas completamente diversas pero coa premisa común da sinxeleza de conceptos e contidos.

As conversas que se van levar a cabo nesta sesión son:

- O roubo do século: por qué desapareceron as estrelas?, a cargo do profesor Salvador Bará Viñas

- A obxección de Ernst Mach á liña do horizonte, dirixida polo artista Rubén Ramos Balsa

Delegación da Xunta. Lugo | exposición

As nosas pegadas

[17/06/2013 09:00 - 28/06/2013 20:00] Mostra conxunta das irmáns Conchita e Luisa Paz Montenegro.


As nosas pegadas A exposición reúne unha escolma de 24 obras e está composta de xeito maioritario por retratos e paisaxes, aínda que tamén hai cadros abstractos que completan a mirada sobre a obra destas dúas artistas.

A sala de exposicións do edificio administrativo da Xunta está aberta a todo tipo de iniciativas culturais e sociais; así, os cadros de Luisa e Paz Montenegro substitúen a exposición sobre a explotación infantil que acaba de pechar Manos Unidas.

Delegación da Xunta. Vigo | exposición

futuro. NOMIAS

[15/06/2013 09:00 - 30/06/2013 19:00] Esta mostra súmase así ás múltiples exposicións de artistas e colectivos culturais que xa se realizaron no edificio así coma cursos e xornadas.


Nomias A mostra do artista plástico e visual J.Ilhuicamina é unha compilación de obra plástica e arte-obxecto na que o autor, segundo expresa, pretende suxerir e propoñer unha reflexión acerca do ser humano e a súa relación coa tecnoloxía e o medio ambiente. E o expresa a través de diferentes soportes e técnicas que van dende a instalación, intervención e arte-obxecto ata a pintura e a acuarela.

Biblioteca Ánxel Casal. Santiago de Compostela | exposición

Exposición Roberto Vidal Bolaño en Santiago

[14/06/2013 10:30 - 01/07/2013 14:00] A mostra, desenvolvida pola Asociación Roberto Vidal Bolaño coa colaboración da Consellería, ofrece unha panorámica da obra do dramaturgo a través das súas personaxes, imaxes e textos.


Vidal Bolaño A obra e a figura de Roberto Vidal Bolaño percorrerán as catro provincias galegas a través dunha exposición de dez paneis promovida pola Asociación Roberto Vidal Bolaño e pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

A exposición fai un percorrido pola vida e obra de Vidal Bolaño que é, ao tempo, un achegamento á historia do teatro profesional na nosa terra.

Cidade da Cultura. Santiago de Compostela | cine

Clima.Cultura.Cambio

[11/06/2013 20:00 - 22/06/2013 23:00] Ciclo de cine ambiental que se enmarca dentro da exposición 'Orinoco. Viaxe a un mundo perdido'


Orinoco Durante catro martes proxectaránse películas e curta,eytaxes de cine ambiental nas que se abordará a dimensión social do cambio climático.

- Martes 11 de xuño: proxeción da curta animada The will como to Town, que ilustra os dramáticos efectos do cambio climático para as nosas cidades, e da película Über das Wasser

- Martes 25 de xuño: proxeción da curta Was machst Du gegen den Klimawandel? (Que fas contra o cambio climático?) e a película Menschen-Traumen-Taten (Persoas-soños-accións)

- Martes 9 de xullo: proxeción da curta Das Rad (A Roda) e da película The Age of Stupid (A era da estupidez)

- Martes 23 de xullo: proxeción da curta Konsequenz (Consecuencia) e da película documental Recipes for Disaster (Recetas para o desastre)

| 1 | 2 | 3 | 4 | 5





Xunta de Galicia. Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia. Aviso legal

Podes subscribirte ás novidades desta web cun lector de feeds

RSS Noticias RSS Axenda