Axenda
domingo 24 de xuño 2012
Cidade da Cultura | exposición
Gallaecia Petrea
[15/06/2012 11:00 - 31/03/2013 20:00] Primeira exposición do Museo da Cidade da Cultura de Galicia. O visitante poderá percorrer a historia da construción da cultura e da propia Historia de Galicia a través dun elemento tan emblemático e propio da nosa identidade como é a pedra.
Comisariada por Miguel Fernández-Cid, Gallaecia Petrea ocupa os 6.600 metros cadrados dos que dispón o Museo dividida en seis áreas: Xeoloxía, Prehistoria, Roma, Medieval, Moderna e Contemporánea. Cada unha delas está comisariada, á súa vez, por destacados expertos nesas áreas.
Horario: de martes a domingo de 11:00 a 20:00 horas. Luns pechado
Visitas guiadas: ás 12:30 e ás 18:30 horas.
Ligazóns
MUSEO DO MAR DE GALICIA
Obradoiro para familias 'Embárcate no museo' no Museo do Mar de Galicia
[24/06/2012 17:00 - 18:30] O domingo 24 de xuño as familias poderán embarcarse nun obradoiro no que aprenderán os usos dos diferentes tipos de embarcacións, cales son as principais embarcacións tradicionais galegas ou que partes ten un barco a través dos xogos e das actividades deste obradoiro.
Inscrición: Para inscribirse haberá que chamar ao teléfono 986 247 691 ou encher o formulario que atoparán no web do museo museodomar.es.
A idade mínima participar nesta actividade é de 5 anos.
Tarifa do obradoiro: 1,5 euros por persoa (0,5 euros coa tarifa especial A Babor Club).
Cidade da Cultura | exposición
O encontro na poética de Eugenio Granell
[19/06/2012 19:30 - 02/12/2012 20:00] O mundo surrealista de Eugenio Granell está presente desde hoxe na Cidade da Cultura, a través dunha exposición comisariada por Natalia Fernández Segarra e Eduardo López Valiña.
Mostra multidisciplinar na que se inclúen óleos, debuxos, construcións ou guaches que o artista creou a partir dun punto de partida común: o encontro, un acto humano e cotián que marcou a vida deste artista.
O encontro na poética de Eugenio Granell distribúese en cinco pavillóns que ocupan os dous andares do Arquivo de Galicia.
Primeira das seis mostras que integran o proxecto expositivo coas que a Fundación Eugenio Granell celebra o centenario do seu nacemento.
Ligazóns
ANO CELSO EMILIO FERREIRO
Exposición itinerante sobre Celso Emilio Ferreiro
[11/06/2012 09:00 - 28/06/2012 21:00] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, coa colaboración da Fundación Celso Emilio Ferreiro, propón un achegamento actual a través dunha mostra itinerante interactiva que estará presente ao longo de 2012 nas bibliotecas nodais e en centros de ensino de diferentes localidades de Galicia.
Do 11 ao 28 de xuño, na Biblioteca nodal de Vigo.
Joaquín Yáñez, 6
36202 Vigo
Teléfono: 986 229 074
Ligazóns
Exposición na Casa da Parra
Exposición 'Confluencias Jaime Quessada / Xaime Quesada Blanco' en Santiago
[12/04/2012 11:00 - 02/09/2012 14:00] Diálogo simbólico entre a obra pictórica de Jaime Quessada (1937-2007) e a do seu fillo, Xaime Quesada Blanco (1975-2006), ao tempo que propón unha reflexión sobre os puntos de encontro entre ambas producións.
Organiza a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Agadic e en colaboración coa Fundación Xaime Quesada Blanco de Ourense.
Horario: De martes a sábado, de 11.00 a 14.00 h e de 16.30 a 20.00 horas; Domingos, de 11.00 a 14.00 horas; Pecha os luns e festivos.
| 1 | 2
Noticias
A música contemporánea dialoga coa arte, coa ciencia e co pensamento no ciclo de concertos 'Do Audible'
[23/05/2013] A través de catro sesións, Do Audible ofrece propostas musicais de vangarda que interaccionan con diferentes campos da expresión e do pensamento, como a palabra, o visual, a natureza e a arquitectura. Máis sobre: A música contemporánea dialoga coa arte, coa ciencia e co pensamento no ciclo de concertos 'Do Audible'+
Noticias
O Museo do Mar exhibe unha ampla escolma de pezas significativas do modelismo naval
[22/05/2013] A VII Mostra de Modelismo Naval da Asociación de Modelistas Navais de Galicia (Amonaga) inclúe vinte embarcacións a vela, dezaoito embarcacións tradicionais galegas, nove embarcacións tradicionais do mundo e vinte e oito embarcacións a motor. Máis sobre: O Museo do Mar exhibe unha ampla escolma de pezas significativas do modelismo naval+
Noticias
O calendario das Feiras do Libro de Galicia 2013 chega a Pontevedra
[22/05/2013] A cidade do Lérez acolle esta cita cultural, logo do seu paso por Lugo, ata o 26 de maio. Máis sobre: O calendario das Feiras do Libro de Galicia 2013 chega a Pontevedra+












