[24/05/2013] A primeira longametraxe do director vigués Alejandro Marzoa contou cunha achega económica da Consellería a través das axudas á produción audiovisual da Agadic, que patrocina tamén o certame que se celebra ata o sábado no Porriño. Máis sobre: A apertura do Festival de Cans ofrece a estrea en Galicia do filme ‘Somos xente honrada’ +
[24/05/2013] Co obxectivo de favorecer a profesionalización do sector cultural, abordaranse en cinco sesións aspectos como os novos mercados, o autoemprego, as funcións do artista e do empresario, os novos formatos culturais ou os avances tecnolóxicos. Máis sobre: Os ámbitos empresarial e creativo centran as xornadas Economía e Cultura no Gaiás +
[24/05/2013] Guadi Galego, a Ensemble Vocal de Davide Salvado e Paulina Ceremuzynska ou Os Cempés son algúns dos artistas que compartirán escenario con profesores e alumnos do centro docente compostelán. Máis sobre: aCentral Folque organiza un concerto especial no Salón Teatro a prol do seu centro de estudos de música popular galega +
[23/05/2013] A través de catro sesións, Do Audible ofrece propostas musicais de vangarda que interaccionan con diferentes campos da expresión e do pensamento, como a palabra, o visual, a natureza e a arquitectura. Máis sobre: A música contemporánea dialoga coa arte, coa ciencia e co pensamento no ciclo de concertos 'Do Audible' +
[22/05/2013] A VII Mostra de Modelismo Naval da Asociación de Modelistas Navais de Galicia (Amonaga) inclúe vinte embarcacións a vela, dezaoito embarcacións tradicionais galegas, nove embarcacións tradicionais do mundo e vinte e oito embarcacións a motor. Máis sobre: O Museo do Mar exhibe unha ampla escolma de pezas significativas do modelismo naval +
[22/05/2013] A cidade do Lérez acolle esta cita cultural, logo do seu paso por Lugo, ata o 26 de maio. Máis sobre: O calendario das Feiras do Libro de Galicia 2013 chega a Pontevedra +
[22/05/2013] O secretario xeral de Cultura leu un fragmento das ‘Sonatas’ de Valle-Inclán, escritor polo que o artista surrealista sentía "unha especial admiración" . Máis sobre: A Fundación Granell dedícalle o seu maratón de lectura a Valle-Inclán +
RECONSTRUCIÓN EN 3D MUSEO ARQUEOLÓXICO OURENSE
| Necesítase de javascript para acceder ás fotos de Flick |
|---|
































